Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 102:
* '''Priapismo''': erección anormal, persistente e dolorosa, de aparición repentina e non relacionada co desexo sexual. Adoita presentarse asociado a outras doenzas; no ''verdadeiro priapismo'' non hai erección da glande nin dos corpos esponxosos.
* '''Trombose''' dos corpos cavernosos: a invasión do trombo no tecido fibroso produce unha distorsión na erección.
* '''Balanite''': [[inflamación]] da glande, adoito unida á do prepucio. Pode estar provocado por procesos infecciosos, como é o caso da balanite gangrenosa, que chega a destruír a glande e os xenitais externos.
* '''Herpes xenital''': causado polo [[virus]] do [[herpes]] tipo II, de transmisión sexual e que afecta a ámbolos dous sexos. Sobre a glande fórmanse pápulas que se transforman en vexigas que, ao romperse, deixan úlceras superficiais.
* '''Chancroide''' ou '''chancro brando''': infección venérea, non sifilítica, que comeza cunha pústula nos xenitais externos que se estende ata os [[ganglio]]s inguinais producindo necrose, dor e sensibilidade ao tacto.