Plasminóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q410033
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 57:
Unha diminución na [[concentración]] de plasminóxeno predispón ao individuo a [[trombose]]s por unha incapacidade de romper ou disolver os coágulos sanguíneos. A deficiencia de plasminóxeno é unha enfermidade pouco frecuente que pode orixinarse tanto de forma hereditaria coma adquirida. A forma adquirida máis frecuente é a [[coagulación intravascular diseminada]].
 
En [[odontoloxía]], a [[inflamación]] do alvéolo dentario coñécese como [[alveolite seca]] e asóciase coa extracción dental en mulleres que estiveron usando algún [[anticonceptivo oral]]. Pénsase que os [[estróxeno]]s contidos nestes medicamentos aumentan a concentración do plasminóxeno e da actividade fibrinolítica en xeral. <ref name=factores />
 
Unha elevada concentración da [[lipoproteína (a)]] está asociada a un risco maior de [[aterosclerose]] e de [[cardiopatía isquémica]] debido a que é estruturalmente similar ao plasminóxeno, <ref name=ref_duplicada_1>Lázaro E. Alba Zayas, Giovanna Pereira Roca y Arístides Aguilar Betancourt. [http://bvs.sld.cu/revistas/ibi/vol22_1_03/ibi05103.htm Lipoproteína (a): estructura, metabolismo, genética y mecanismos patogénicos]. Rev Cubana Invest Biomed 2003;22(1).</ref> de modo que compiten polos sitios activos na fibrina, inhibindo así ao plasminóxeno e a súa subsecuente activación a [[plasmina]], aumentando o establecemento de tromboses e favorecendo a [[aterosclerose]]. <ref name=lipoa />