Cuatro Torres Business Area: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q503109
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Características==
O [[parque empresarial]] sitúase ao norte da cidade de [[Madrid]], no inicio do [[Paseo de la Castellana]] (a arteria norte-sur da cidade), no emprazamento da antiga Ciudad Deportiva do [[Real Madrid]]. O parque empresarial está composto por catro [[rañaceos]] que son os edificios máis altos de Madrid e de España. Os catro edificios son a [[Torre Caja MadridBankia]], [[Torre Sacyr Vallehermoso]], a [[Torre de Cristal]] e a [[Torre Espacio]]. O primeiro é o máis elevado de todos eles, pois chega aos 250 metros de altura.
 
Torre Sacyr, que leva o nome dunha importante empresa construtora [[españa|española]] ([[Sacyr]]) acolle entre outras empresas un hotel. A parte superior da Torre de Cristal é un xardín. Cada torre ten varios andares de garaxe soterrados, e tamén un acceso soterrado para vehículos, que os conecta coa cidade. Xunto coas catro torres e dentro do recinto do parque empresarial localizarase o [[Centro Internacional de Convenciones de Madrid]]. Este edificio disporá de 70.000 m² de salas para conferencias e un auditorio principal con capacidade para 3.500 persoas. A construción deste edificio foille outorgada aos arquitectos [[Emilio Tuñón]] e [[Luis Mansilla]].