Gregorio I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Gregorythegreat.jpg|miniatura|dereita|Gregorio I]]
 
O '''Papa Gregorio I''', '''San Gregorio Magno''', nado arredor do ano [[540]] en [[Roma]] e finado o [[12 de marzo]] de [[604]]. De sobrenome ''Magno'' ou ''Grande'', foi o 64º papa da Igrexa católica, e un dos catro Padres da Igrexa latina (xunto con san Xerónimo de Estridón, [[santo AgustiñoAgostiño]] de Hipona e sansanto Ambrosio de Milán). Proclamado Doutor da Igrexa o 20 de setembro de 1295 por [[Bonifacio VIII]], foi tamén o primeiro frade en chegar ao pontificado, e probablemente a figura definitoria da posición medieval do papado como poder separado do Imperio romano. Home profundamente místico, con el a Igrexa de Roma adquiriu gran prestigio en todo [[Occidente]]; tras el, os papas intituláronse, segundo o seu exemplo, «servo dos servos de Deus» (''servus servorum Dei'').
 
Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de [[Paio II, papa|Paio II]], e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada á súa sorte a mercé das invasións bárbaras e marxinada polo [[exarcado de Ravenna]], dependente de [[Constantinopla]].
Liña 12:
Monxe admirador de [[Bieito de Nursia]], fundou varios mosteiros consonte á regra deste santo, e divulgou na cristiandade o espírito beneditino de oración, estudo, traballo manual e hospitalidade.
 
Emprendeu unha extratexia misioneira frutífera, enviando evanxelizadores a lugares afastados como [[Inglaterra]], dando instrucións pioneiras de respecto pola cultura indíxena dos pobos evanxelizados: non derrubar os templos paganos, adaptar os costumes aceptables, transformar as festas paganas en celebracións con significación cristiáncristiá. O monxe [[Agostiño de Canterbury]] bautizou ao rei de [[Kent]] [[Etelberto]], casado con [[Berta]] unha princesa cristiá [[merovinxio|merovinxia]]. Seguidamente fundou un bispado en [[Canterbury]]. Pouco despois novos misioneiros establecerían unha autoridade metropolitana en [[York]] e en [[Londres]].
 
== Administrador ==