Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

algunhas correccións
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q842083)
(algunhas correccións)
As únicas partes dos órganos xenitais masculinos que se poden ver desde o exterior son o escroto e o pene <ref name=Anat>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 585-600. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
* '''[[Escroto]]'''. É un saco de pel no que se encontran os testículos. Interiormente está dividido por un tabique en dúas metades ou cámaras, unha para cada testículo. Pode contraerse e achegarse máis ao corpo ou relaxarse e formar un saco pendurado, o que coloca os testículos máis ou menos preto da calor corporal para que teñan a temperatura axeitada, que debe ser algo inferior á do corpo. Isto é posible porque o escroto ten capas de músculo liso. A fascia muscular do dartos continúase con fascias do pene e superficiais do abdome, e fibras do dartos chegan ao tabique do escroto. A pel do escroto é máis escura ca a do corpo e na liña media ten unha crista chamada rafe, e ten pelos. O escroto ten varias capas. A pel, a fascia superficial e o dartos son comúns a todo escroto, e cada unha das dúas cámaras do escroto están revestidas polas túnicas vaxinal, fascia espermática interna, músculo cremáster e fascia cremastérica e a fascia cremastérica externa.
* '''[[Pene]]'''. O pene é o órgano copulador atravesado pola [[uretra]], que non pasa polo seu centro senón pola parte inferior. O pene está formado principalmente por tecido eréctil chamado tecido cavernoso, con moitos vasos sanguíneos, que ao encherse de sangue provocan a erección. Divídese en raíz (no interior da pelve), corpo do pene e glande (no extremo). No interior hai tres columnas de tecido eréctil; na parte superior e central hai dúas, que forman os corpos cavernosos, rodeado por unha cápsula fibrosa, e a terceira é máis inferior e pequena e forma o corpo esponxoso atravesado pola uretra. No corpo do pene os corpos cavernosos e esponxoso van xuntos, pero sepáranse na raíz, e o esponxoso forma na raíz un engrosamento chamado bulbo do pene. Na parte superior central do pene, sobre os corpos cavernosos, cursan arterias e veas. OA glande do pene é o engrosamento do seu extremo, formado polo corpo esponxoso, onde se abre a uretra ao exterior polo orificio uretral externo. OA glande está cuberto por un pregamento da pel chamado prepucio, que é libre e pode retraerse, descubrindo oa glande. Debaixo do prepucio acumúlase unha secreción chamada [[esmegma]]. O pene está sostido por dous ligamentos, o ligamento suspensorio do pene e o ligamento fundiforme.
 
==Órganos internos==
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.
 
* '''[[Uretra]]'''. A uretra sae da [[vexiga urinaria]] e chega ao exterior expulsando a [[urina]]. Nas mulleres é un conduto exclusivamente urinario, pero nos homes é un conduto urinario e xenital, xa que os condutos exaculadores verten o seme na uretra na súa porción prostática. A uretra divídese xeralmente en ''porción prostática'', que atravesa a próstata e na que desembocan as secrecións da próstata, ''porción membranosa'', situada entre a próstata e o corpo esponxoso, e ''porción esponxosa'', que cursa polo interior do corpo esponxoso todo ao longo do pene, e cando chega aoá glande expándese formando a fosa navicular, que se abre ao exterior por unha fenda vertical chamada orificio uretral externo. Os condutos das [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]] desembocan na parte proximal da porción esponxosa. Das paredes da uretra, principalmente da porción esponxosa, ramifícanse as [[glándula de Littré|glándulas de Littré]], que producen unha secreción mucosa.
 
===Glándulas===
58.193

edicións