Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 115 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q58
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 21:
O pene consta dun segmento cilindroideo ou parte libre, que está pendurado por diante das bolsas do escroto, e dunha raíz suxeita ás [[rama isquiopubiana|ramas isquiopubianas]] e ao [[perineo]]. Estruturalmente o armazón fundamental do pene está constituído polos seus tres corpos eréctiles: dous corpos cavernosos e un corpo esponxoso.
 
Cada un dos corpos cavernosos é unha formación cilíndrica afiada polos seus extremos. Na parte libre do pene os corpos cavernosos discorren xuntos polo seu dorso ata que, ao chegaren á raíz, diverxen, aplicándose cada un deles á correspondente rama isquiopubiana, á cal quedan suxeitos polo correspondente [[músculo isquio-cavernoso]]. O corpo esponxoso é un longo cilindro cuxa metade anterior se incorpora á parte libre do pene, onde queda en posición ventral e entre os dous corpos cavernosos, mentres que a metade posterior se dispón ao longo da liña media do perineo anterior. O seu extremo posterior constitúe o bulbo esponxoso. No extremo contrario, o corpo esponxoso expándese en sentido dorso-lateral para constituír oa [[glande]] ou bálano, de forma sensiblemente cónica en cuxo vértice se atopa o meato. OA glande presenta unha falla ventral en forma de escote angular.<ref name="santosgutierrez">{{cita libro| autor =SANTOS GUTIÉRREZ, L.| título =[http://books.google.com/books?id=FFFh9IVj1R4C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Síntesis de anatomía humana]| ano =1998| publicación =Universidad de Salamanca | id = ISBN 84-7481-879-6}} {{es}}</ref>
 
O corpo esponxoso está recorrido en toda a súa lonxitude pola [[uretra peneana]], que desemboca no meato. A uretra presenta dúas dilatacións: unha anterior (a fosa navicular), próxima ao meato, e outra posterior (a fosa bulbar), próxima ao bulbo. A parte libre do pene está cuberto por unha [[pel]] moi fina e elástica que no seu extremo anterior, no canto de fixarse no contorno do meato urinario, se invaxina continuándose cunha folla mucosa ata rematar xusto por debaixo da coroa doda glande. Esta vaina así constituída chámase [[prepucio]]. Un freo tamén elástico liga o devandito escote doda glande co punto ventral do anel prepucial. En condicións normais o anel prepucial é o bastante grande para permitir que oa glande se exteriorice cando a pel do pene é retraída cara a raíz do membro, como acontece durante a [[erección]]. A estreitura do prepucio é coñecida como estenose prepucial ou [[fimose]]. A cuberta do pene inclúe, como no escroto, un estrato muscular liso, chamado [[dartos]]. Cubrindo este estrato hai unha capa de tecido celular subcutáneo extraordinariamente laxo que permite o deslizamento da pel sobre a [[fascia penis]], vaina fibrosa que envolve o complexo antes descrito dos corpos eréctiles. Sobre a fascia penis corre a [[vea]] dorsal superficial, que recolle o sangue cutáneo, e en posición lateral, as dúas [[arteria]]s dorsais, mentres que a vea dorsal profunda vai en posición subfascial. Por dentro de cada un dos corpos cavernosos discorre a correspondente arteria cavernosa, que deriva da [[arteria pudenda interna]].<ref name="santosgutierrez"/>
 
O pene humano carece de [[baculum]], un [[óso]] que se encontra no pene de moitas especies de [[mamífero]]s e cuxa función é a de facer posíbel a erección. O pene humano, a diferenza dos de outros primates, pendura fora da cavidade abdominal, e con iso exponse a posibles lesións. Entra dentro do posible que os nosos antepasados tivesen baculum, como tantos outros mamíferos actuais, e que o perdesen xunto co pregadura da pel abdominal que o cubría. Porén non se coñecen fósiles de ósos do pene entre os antepasados do home moderno e esta posibilidade faise indemostrable.<ref>{{cita libro| autor =MARGULIS, L.; SAGAN, D.| título =[http://books.google.com/books?id=CLX7f28qVQ8C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Danza misteriosa]| ano =1992| publicación =Editorial Kairós| id = ISBN 84-7245-254-9}} {{es}}</ref>
Liña 52:
Para poder empregar o pene en actos de tipo sexual este debe estar en erección. A erección é produto da actividade rexistrada polos centros nerviosos superiores do [[cerebro]] (''erección psicóxena'') ou da estimulación da pel da rexión xenital (''erección reflexoxénica''). As febras nerviosas aferentes procedentes da rexión [[xenital]] esténdense polos [[nervio pudendo|nervios pudendos]] ata a a zona sacra da [[medula espiñal]]. Os impulsos no nervio cavernoso provocan a dilatación da arteria pudenda interna e das súas ramas principais.<ref name="pocock">{{cita libro| autor =POCOCK, G.| título =[http://books.google.com/books?id=OdkYwzh4800C&printsec=frontcover&dq=POCOCK&hl=es&ei=D-9RTPTaI5HQ4wbn-oixAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCoQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false Fisiología humana: la base de la Medicina]| ano =2005| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-458-1479-6}} {{es}}</ref> A erección lógrase a través de dous mecanismos hidráulicos sinérxicos: por unha banda a ingurxitación dos corpos cavernosos do pene, a través da dilatación das arterias que o irrigan ao tempo que se contraen as vénulas correspondentes; por outra parte a compresión que exercen os [[músculo]]s isquiocavernosos contra o arco isquiático, que impide a drenaxe dos tecidos cavernosos. En definitiva, é a maior afluencia e menor evacuación de sangue o que fai cobrar volume e dureza ao pene.<ref>{{cita libro| autor =URROZ, C.| título =[http://books.google.com/books?id=K25RmJ28OCQC&pg=PA6&dq=URROZ&hl=es&ei=ZO9RTPyWA8GA4Qb-2P2bAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDMQ6AEwAg#v=onepage&q&f=false Elementos de anatomía y fisiología animal]| ano =1991| publicación =EUNED| id = ISBN 9977-64-602-3}} {{es}}</ref>
 
Os nervios pudendos proporcionan respostas sensoriais que manteñen a erección durante a estimulación xenital, e que proveñen na súa meirande parte dos receptores táctiles cutáneos existentes nona glande. A emisión e a exaculación son considerados os estadios finais do acto sexual masculino. Cando a estimulación sexual se fai moi intensa as contraccións rítmicas no conduto deferente e na ampola impulsan aos espermatozoides cara ao conduto exaculador, e a continuación segrégase líquido prostático e contráense as vesículas seminais. Este proceso chámase emisión. A exaculación é a expulsión do líquido ao exterior a través do pene. Durante a exaculación péchase o [[esfínter vesical]] para evitar a saída da urina da vesícula e o retroceso do seme, e prodúcense contraccións musculares que conducen o líquido seminal ao longo do pene. A exaculación adoita ir acompañada dunha sensación pracenteira chamada [[orgasmo]].<ref name="pocock"/> A exaculación prodúcese normalmente co pene en erección, pero tamén pode acontecer en semierección ou co pene en estado fláccido. Certos estados patolóxicos poden provocar que se produza un orgasmo sen exaculación ou unha exaculación sen orgasmo. Os orgasmos múltiples son excepcionais e sempre acontecen durante a [[adolescencia]] e en homes de ata 20 anos de idade, tras un período de aprendizaxe e adestramento no que aprenden a separar exaculación de orgasmo.<ref name="arrondo"/>
 
[[Ficheiro:Labelled flaccid penis es.jpg|miniatura|200px|esquerda|Morfoloxía externa dos xenitais masculinos.]]
Liña 75:
Ao longo da vida do home o comportamento dos xenitais experimenta variacións notables: diminúe a cantidade de esperma emitido en cada exaculación e a súa calidade, e emprégase máis tempo en completar unha erección. Entre os 40 e os 70 anos de idade a porcentaxe de homes que non teñen problemas de impotencia descende do 60% ao 30%. No referente ás dimensións, o pene tamén sofre cambios a partir dos 30 anos de idade:<ref>{{Cita web |url=http://men.webmd.com/features/life-cycle-of-a-penis |título=Experts explain how a penis changes in size, appearance, and sexual function as a man ages. |dataacceso=29/09/2010 |autor=FREEMAN, D. |editor=www.men.webmd.com }} {{en}}</ref>
 
* '''Cor e pel''': o fluxo sanguíneo que chega aoá glande diminúe e isto provoca un cambio na súa cor. Comeza a perda de pelos púbicos. Coa redución dos niveis de [[testosterona]] o pene retorna á fase pre-puberal.
* '''Dimensións''': a tendencia habitual a incrementar os tecidos adiposos do abdome fai que a dimensión aparente do pene diminúa. Nalgúns casos o pene queda oculto dentro do tecido graxo. Alén diso, o pene experimenta unha redución real do seu tamaño, que sen ser notable é significativa. O motivo son os depósitos de graxa nas arteiras, o cal dificulta a afluencia de sangue ao pene durante a erección. Arredor dos 40 anos de idade varía tamén a dimensión dos testículos, que tenden a facerse máis pequenos: os dun home de 30 anos teñen de media un diámetro de 3 centímetros, mentres que os dun de 60 miden 2 centímetros.
* '''Curvatura'''. Aqueles penes de forma curva experimentan unha acentuación da súa curvatura. Nalgúns casos esta variación na forma pode ser resolta por métodos cirúrxicos.
Liña 97:
* '''Epispadia''': anomalía da uretra que consiste na apertura da uretra ao exterior na cara dorsal do pene, nun punto previo ao extremo. Adoita ir asociado a outras anomalías conxénitas.
* '''Hipospadias''': anomalía análoga ao epispadia, pero con abertura na cara ventral do pene.
* '''Fimose''': presencia dun prepucio redundante que non pode retraerse sobre oa glande, imposibilitando que quede ao descuberto. Pode ser de natureza conxénita ou adquirida. Ten tratamento cirúrxico, coñecido como [[circuncisión]]. Antigamente, ''capistración''.
* '''Parafimose''': retracción mantida por un prepucio cinguido tras o suco coroal.
* '''Enfermidade de La Peyronie''' ou cavernite fibrosa: aparición de tecido fibroso no septo intracavernoso do pene, que causa a distorsión do pene erecto e unha erección dolorosa.
* '''Priapismo''': erección anormal, persistente e dolorosa, de aparición repentina e non relacionada co desexo sexual. Adoita presentarse asociado a outras doenzas; no ''verdadeiro priapismo'' non hai erección doda glande nin dos corpocorpos esponxosoesponxosos.
* '''Trombose''' dos corpos cavernosos: a invasión do trombo no tecido fibroso produce unha distorsión na erección.
* '''Balanite''': inflamación doda glande, adoito unida á do prepucio. Pode estar provocado por procesos infecciosos, como é o caso da balanite gangrenosa, que chega a destruír oa glande e os xenitais externos.
* '''Herpes xenital''': causado polo [[virus]] do [[herpes]] tipo II, de transmisión sexual e que afecta a ámbolos dous sexos. Sobre oa glande fórmanse pápulas que se transforman en vexigas que, ao romperse, deixan úlceras superficiais.
* '''Chancroide''' ou '''chancro brando''': infección venérea, non sifilítica, que comeza cunha pústula nos xenitais externos que se estende ata os [[ganglio]]s inguinais producindo necrose, dor e sensibilidade ao tacto.
* '''Linfogranuloma''': infección de transmisión normalmente venérea. Pode coexistir coa [[sífilis]], o [[chancroide]] e o [[linfogranuloma]] venéreo.
* '''Granuloma''' inguinal: infección crónica, producida polo ''Calymmabacterium granulomatis'', de transmisión sexual, caracterizada pola aparición de úlceras no perineo (na muller, na [[vulva]]) e granulomas nos xenitais externos; pode estenderse á pel e ósos.
* '''Estenose''' uretral: estreitamento da uretra causado por infeccións, polo uso de catéteres ou por traumatismos. Pode vir acompañada de infeccións en calquera parte do tracto xenitourinario.
* '''Verrugas''' venéreas: producidas polo virus do [[papiloma]] humano, adoitan presentarse arredor da base doda glande con prepucio fimótico.
* Varios tipos de '''[[cancro|cáncer]]'''.