Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
}}
 
A '''enfermidade celíaca''' ou '''doenza celíaca''' ('''''celiaquía''''') é unha [[doenza autoinmune]] que comeza na infancia e está provocada por unha intolerancia intestinal permanente ao [[glute]]. Caracterízase por unha [[inflamación]] crónica da parte achegada do [[intestino delgado]] ouna zona do [[xexuno]], causada pola exposición á [[gliadina]], unha [[proteína]] vexetal dalgúns [[Cereal|cereais]] na [[dieta]].
 
A gliadina é un dos compoñentes do [[glute]] (proteína presente no [[trigo]] (''Triticum spp.''), o [[orxo]] (''Hordeum vulgare''), o [[centeo]] (''Secale cereale''), o [[triticale]] (''× Triticosecale''), o ''kamut'' (''[[Triticum turgidum]]''), o trigo vermello ou espelta (''[[Triticum spelta]]'') e posibelmente a [[avea]] (''Avena sativa'') —por cuestións de contaminación cruzada—). Ao ser exposta á gliadina, a encima [[transglutaminasa tisular]] modifica a proteína e o [[sistema inmune]] do individuo fai unha reacción cruzada en contra do [[intestino delgado]], causando unha reacción inflamatoria que causa atrofia das vilosidades que recobren o intestino e interferencias na absorción de nutrientes.