Abrir o menú principal

Cambios

→‎Notas: algo máis desde a wiki .es
 
Foi [[cremación|incinerado]] o [[10 de decembro]] de [[1980]], no Cemiterio Ferncliff de Hartsdale, Nova York; as [[Cremación#Incineración e recolección de cinzas|cinzas]] foron entregadas a Ono, quen decidiu non realizar un funeral por el, aínda que se realizaron varias homenaxes e tributos no seu honor.
 
== Asasinato ==
A mañá do 8 de decembro de 1980, a fotógrafa [[Annie Leibovitz]] foi ao apartamento de Ono e Lennon para realizar unha [[sesión fotográfica]] para a revista [[Rolling Stone|''Rolling Stone'']]. A mesma prometera a Lennon que unha foto con Ono sería a portada, pero inicialmente tratou de obter unha imaxe de Lennon só.<ref name="buzzle">{{Cita web |data=12 de agosto de 2005 |url=http://www.buzzle.com/articles/john-lennon-biography.html |título=John Lennon Biography |obra=[[Guardian Unlimited]] |dataacceso=106/04|2013|lingua=inglés }}</ref> Leibovitz recordou que «ninguén quería a [[Yoko Ono|Ono]] na portada».<ref name="FamousPictures">{{Cita web |data=2007 |url=http://www.famouspictures.org/mag/index.php?title=Naked_Lennon |título=Naked Lennon |editor=Famous Pictures Magazine |dataacceso=26 de xullo de 2007 |apelidos=Lucas |nome=Dean |lingua=inglés }}</ref> Lennon insistiu que tanto el como a súa esposa debían estar na portada, e logo de tomar as imaxes, Leibovitz abandonou o seu apartamento. Logo da sesión de fotos, Lennon deu a que foi a súa última entrevista ao [[Disc jockey|DJ]] de San Francisco Dave Sholin para un programa musical na [[RKO Radio Network]].<ref>{{cita noticia |apelido=Smith |nome=Harry |título=John Lennon Remembered |url=http://www.cbsnews.com/stories/2005/12/08/earlyshow/leisure/celebspot/main1107803.shtml |obra=CBS News |data=8 de decembro de 2005 |fechaacceso=8 de novembro de 2008|idioma=inglés }}</ref> Ás 5:00 p.m., Lennon e Ono abandonaron o seu apartamento para mesturar a pista «[[Walking on Thin Ice]]», unha canción de Ono con Lennon na guitarra principal, en [[Record Plant Studios|Record Plant Studio]].<ref name="ABC News">{{Cita web |url=http://abcnews.go.com/GMA/Books/Story?id=2165256&page=4 |título=The Last Days of Dead Celebrities |obra=ABC, Inc. |dataacceso=06/04/2013|lingua=inglés }}</ref>
 
==Notas ==
101.503

edicións