Diferenzas entre revisións de «Rubisco»

m
sen resumo de edición
m (a ribulosa bisfosfato...)
m
A '''ribulosa-bisfosfato carboxilasa oxixenasa''', '''rubisco''' ou '''RuBisCO''' é o [[enzima]] máis abundante nas plantas e, en consecuencia, a proteína máis abundante no [[Terra|planeta]].<ref>Cooper, Geoffrey M. (2000). "[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?highlight=RuBisCO&rid=cooper.section.1655#1659 10.The Chloroplast Genome]". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6</ref>
 
Este enzima capta o [[dióxido de carbono]] procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP ([[ribulosa 1,5-bifosfato|ribulosa 1,5-difosfato]] ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA ([[fosfoglicerato]]). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da fotosíntese, en concreto da fixación do dióxido de carbono na súa forma orgánica.
 
É importante dicir que a reacción pode acontecer tanto con dióxido de carbono coma con osíxeno molecular (O<sub>2</sub>). Cando o osíxeno é absorbido, o proceso é parte da respiración celular, sen absorción de carbono. Algunhas plantas (arredor do 5% das plantas existentes na [[Terra]]), utilizan un proceso intermedio e máis selectivo para a absorción do dióxido de carbono, evitando o contacto directo co osíxeno do ar típico do "proceso rubisco" (ás veces chamado C3), co proceso chamado C4 ou o CAM ("Crasulacean acid metabolism"). O C4 usa estruturas dentro da [[célula]] e un sistema bioquímico de transporte que envolve [[moléculas]] con 4 átomos de carbono (así o nome de C4). O CAM é usado por plantas en ambientes moi áridos, nos que os estomas só abren á noite, co fin de economizar auga, que se perdería por evaporación se estes ficasen abertos durante o dia. Así, á noite, absorben o dióxido de carbono en moléculas de 4 carbonos que fican almacenadas en [[vacúolo]]s para seren utilizadas durante o día.
194.027

edicións