Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
m correccións e arranxo as ligazóns a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|miniatura|350px|Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo.]]
Os '''Canóns do río Sil''' son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o [[río Sil]], e o [[río Miño]], na zona da [[Ribeira Sacra]]. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores{{Cómpre referencia}}. Esta área natural abrangue os concellos de [[Pantón]], [[Sober]], [[Nogueira de Ramuín]] e [[Parada de Sil]], cunha superficie de 5.914 hectáreas<ref>''Enciclopedia Galega Universal'', versión [http://egu.es/ en liña].</ref>.
 
Liña 9:
 
==Espazo natural característico==
[[Ficheiro:CanondoSil.JPG|300px|miniatura|esquerda|Vista dende o interior dos canóns do Sil.]]
Pola súa parte, o seu clima experimenta tamén importantes variacións, mostrando a súa condición [[clima mediterráneo|mediterránea-húmida]] nas ladeiras de solaina ou [[clima atlántico|atlántica-superhúmida]] nas partes máis ensombrecidas, como nas súas veigas e bosques ribeiríos.
 
As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da [[vide]] en [[socalco]]s. Os bosques climáticos están maioritariamente compostos de [[onfalode]]s (''Omphalodes nitida''), [[érbedo]]s (''Arbutus unedo''), uces brancas (''Erica arborea''), e [[piorno]]s (''Genista falcata'' e ''G. florida polygaliphylla''). Abundan tamén árbores tipicamente ripícolas e propias deste clima como os [[bidueiro]] (''Betula pubescens''), os castiñeiros (''Castanea sativa'') e as [[abeleira]]s (''Coryllus avellana'').
[[Ficheiro:Viñedossil.JPG|dereita|300px|miniatura|Viñedos da ribeira sacra, dende o interior do canón do Sil.]]
As especies piscícolas das augas do Sil son predominantemente tres: a [[troita]] (''Salmo trutta fario''), o [[Escalo (peixe)|escalo]] (''ChondostromaSqualius polylepsiscarolitertii'') e o [[picón]] (''Gasterosteus aculeatus''). Existe tamén en canto á fauna unha amplísima variedade de [[réptil]]es e [[anfibio]]s, destacando a [[ra]] patilonga (''Rana iberica''), a [[píntega]] (''Salamandra salamandra''), a [[cobra]] de colar (''Natrix natrix'') e a [[lagarta]] brava (''Psammodronus algirus''). O número e a variedade de aves é aínda máis interesante, sobresaíndo algunhas coma o [[corvo mariño grande]] (''Phalacrocorax carbo''), ou numerosas aves de rapina como a [[aguia caudal]] (''Hieraetus pennatus''), a [[aguia cobreira]] (''Circaetus gallicus''), o [[miñato abelleiro]] (''Pernis apivorus'') ou o [[falcón peregrino]] (''Falco peregrinus''). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de [[papuxa]] (''Sylvia'') existentes na [[Galiza]].
 
[[Mamífero]]s como o [[morcego]] de orellas partidas (''Myotis emarginatus''), a [[xeneta]] (''Genetta genetta'') ou o [[gato montés]] (''Felis silvestris'') constitúen pola súa parte un importante aliciente para a conservación e visita desta magnífica contorna natural.
Liña 20:
==Un espazo natural único==
[[Ficheiro:Canón do Sil.jpg|300px|miniatura|esquerda|Canón do Sil.]]
A particular orografía deste espazo natural de máis de 16.000 has. resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos [[Os Peares|Peares]] (109m.) e a altura máxima da [[Pena do Xastre]] (1.014m.). En canto a súa [[xeoloxía]], o Canón do Sil ten unha orixe meramenteunicamente tectónica e non fluvial. No [[Era cuaternaria|cuaternario]], ó comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así a canle polo que flúe o río Sil.
 
A estas características hai que engadirlle a transformación da paisaxe levada a cabo pola man do home mediante o cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes [[encoro]]s como o de Santo Estevo ou San Pedro. Desta maneira, o mosaico natural e paisaxístico que resulta desta serie de singulares características é único e irrepetible en toda Galiza.
 
==Un número case ilimitado de rutas naturais==
[[Ficheiro:Galicia.Canon Sil.jpg|300px|miniatura|dereita|Vista dende o mirador Balcons de Madrid o canón do Sil.]]
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de [[castiñeiro]]s cara o [[mosteiro de Santo Estevo Ribas de Sil]]. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus [[muíño]]s e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da ''''Rivoyra Sacrata''''. Outra posibilidade é ir de [[Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín|Santo Estevo]] a [[Paradela]], volvendo por [[Cerdeiriñas]], polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".
 
O itinerario máis completo (22 km.) é o que une pola ribeira esquerda do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con [[Astorga]] e foi durante a [[Idade Media]] a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo [[catamarán]]. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o maxestoso Canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o [[mosteiro de Santa Cristina]].