Diferenzas entre revisións de «Dudu Aouate»

*gardamallas>porteiro
m (Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q350293)
(*gardamallas>porteiro)
 
==Traxectoria==
Comenzou a súa carreira futbolística profesional co [[Hapoel Nazareth Illit]], pero axiña cambiou para o [[Maccabi Haifa]] como gardamallasporteiro suplente de [[Nir Davidovich]] e pasou polo [[Maccabi Tel Aviv FC]] onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o [[Hapoel Haifa]], a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que [[Avi Peretz]], o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 voltou ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.
 
O [[17 de xullo]] de [[2003]] fichou polo [[Racing de Santander]], onde permaneceu tres anos, e en agosto de 2006 asinou un contrato por catro anos co [[Deportivo da Coruña]]. Durante a tempada [[Primeira división española 2008/09|2008–09]] foi afastado do equipo polo adestrador, [[Miguel Ángel Lotina]], tras un enfrontamento que tivo co outro porteiro, [[Gustavo Munúa]], que tamén foi relegado da disciplina branquiazul. Días máis tarde, debido á inexperiencia do porteiro do filial, [[Fabricio Agosto Ramírez|Fabri]], foron novamente chamados.
92.758

edicións