Rivaldo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 51 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q483577
Elisardojm (conversa | contribucións)
*gardamallas>porteiro
Liña 103:
En [[1999]] é elixido [[FIFA World Player|Xogador do ano segundo a FIFA]], gaña o [[Balón de Ouro]] e amáis diso, a revista [[World Soccer]] entrégalle o galardón ao [[Premios World Soccer|mellor xogador do ano]]. Este ano tamén gaña a súa segunda liga co [[FC Barcelona]].
 
No [[Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002|Mundial 2002]] Rivaldo foi unha das grandas estrelas da verdeamarela, que conseguíu o seu quinto título mundial. Nos oitavos de final contra [[Selección de fútbol de Bélxica|Bélxica]] anotou o gol do triunfo brasileiro nos intres finais, cando xa semellaba que habería que xogar unha prórroga. Nos cuartos tamén veu porta, anotando o gol do empate contra a [[Selección de fútbol de Inglaterra|Inglaterra]]. E por último, na final contra a [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña]], aínda que non marcou foi decisivo nas dúas xogadas que remataron en gol. Un forte disparo seu que o gardamallasporteiro xermano [[Oliver Kahn]] non puido atallar serviulle a [[Ronaldo]] para marcar o 1-0. No segundo gol deixou pasar un balón lanzado por Kléberson dende a dereita, deixando sen marca a Ronaldo que puxo o definitivo 2-0 no marcador.
 
Unha vez rematado o mundial o [[FC Barcelona]] déixao marchar coa carta de liberdade, aducindo que non lle podían seguir pagando o seu salario, e Rivaldo ficha polo [[AC Milan]] por tres anos. As cousas non lle foron moi ben no clube italiano e logo dunha tempada con poucas aparicións no once milanista abandona o club e proba sorte na liga grega da man do [[Olympiakos FC]].