Carapucha 5': Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
==Estrutura da carapucha 5′==
[[Ficheiro:7-Methylguanosine.svg|miniatura|Molécula de 7-metilguanosina con carga positiva no N.]]
A carapucha 5′ encóntrase no [[extremo 5']] dunha moécula de ARNm e consiste nunha molécula dun nucleótido con [[guanina]] unido ao ARNm por medio dun inusual enlace 5′-5′ trifosfato. Esta [[guanosina]] é [[metilada]] ''[[in vivo]]'' no nitróxeno en posición 7 directamente despois da formación da carapucha por unha [[Transferase|metil transferase]], o que crea unha carga positiva en dito nitróxeno. Por iso tamén se denomina tamén carapucha [[7-metilguanosina]] ou 7-metilguanilato, abreviada m<sup>7</sup>G.
 
Posteriores modificacións son a posible metilación dos grupos [[hidroxilo]] 2' das dúas primeiras [[ribosa]]s do extremo 5' do ARNm. A metilación de ambos os grupos hidroxilo móstrase no diagrama.