Berenxena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 105 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q7540
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
== Etimoloxía ==
"Berenxena" provén do termo [[Lingua persa|persiano]] بادنجان ''bādinyān'', que despois pasou ao árabe cunha moi lixeira variación, باذنجان ''bādhinyān'', de aí pasou ao español: ''berenjena'', que deu o galego berenxena; e ao portugués: ''beringela''<ref>FERREIRA, A. B. H. ''Novo dicionário da língua portuguesa''. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 250.</ref>. A [[Real Academia Galega]] só recolle o termo berenxena, mais berinxela é recollido por unha ducia doutros dicionarios. Realmente ao ser un cultivo case descoñecido en Galiza até hai pouco, o vocábulo foi incorporado dunha ou outra lingua.
Os pobos de fala inglesa coñécena coma "planta dos ovos" ''(eggplant)'' pola forma das súas primeiras variedades introducidas do tipo ''oviferum'', que eran albas e en forma de [[Ovo (alimento)|ovo]].
 
== Historia ==
Segundo algúns historiadores, o seu cultivo comezou como [[planta ornamental]], na [[India]], arredor de 4 000 anos atrás, tendo chegado a [[Europa]] no [[século XIII]] através dos [[árabe]]s da [[Península Ibérica]], que eran e son grandes apreciadores deste froito. En Galiza o cultivo non se dá até finais do século XX, sendo o froito alleo á cociña tradicional galega.