Diferenzas entre revisións de «Carapucha 5'»

==Estrutura da carapucha 5′==
[[Ficheiro:Ribose_structure_2.png|miniatura|Molécula de ribosa que mostra os carbonos en posición 2′, 3′ e 5′.]]
A carapucha 5′ encóntrase no [[extremo 5′5']] dunha moécula de ARNm e consiste nunha molécula dun nucleótido con [[guanina]] unido ao ARNm por medio dun inusual enlace 5′-5′ trifosfato. Esta [[guanosina]] é [[metilada]] ''[[in vivo]]'' na posición 7 directamente despois da formación da carapucha por unha [[Transferase|metil transferase]]. Por iso se denomina tamén carapucha [[7-metilguanosina]] ou 7-metilguanilato, abreviada m<sup>7</sup>G.
 
Posteriores modificacións son a posible metilación dos grupos [[hidroxilo]] 2' das dúas primeiras [[ribosa]]s do extremo 5' do ARNm. A metilación de ambos os grupos hidroxilo móstrase no diagrama.
 
A carapucha 5′ parécese ao [[extremo 3′3']] dun ARN (o carbono 5′ da ribosa da carapucha está enlazado, e o 3' non). Isto proporciónalle á molécula unha significativa resistencia ás [[exonuclease]]s 5'.
 
==Formación da carapucha==
190.026

edicións