Axuda:Fusión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Mellor a axuda e borro cousas incorrectas a partir de es.wiki
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Non é necesario, xa que se fusionan os historiais
Liña 11:
Se queres facer a fusión ti mesmo, segue os seguintes pasos:
*Elixe cal é o artigo co nome máis adecuado ás [[Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos|convencións dos nomes dos artigos]]. Se ningún dos nomes das dúas páxinas é o correcto, [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|renomea]] unhas das dúas páxinas (o que máis se pareza ó nome ideal).
*Copia todo o contido faltante do artigo co nome incorrecto no artigo elixido (que chamaremos «artigo destino»), e é necesario sinalar no [[Axuda:Resumo de edición|resumo de edición]] o que se está a facer; pode ser algo semellante a: "traio algúns contidos procedentes de <nowiki>[[artigo_que_vai_desaparecer]]</nowiki> para fusionar os artigos". Isto é un requirimento para cumprir a licenza da Wikipedia.
*Unha vez que acabes, copia todo o contido do artigo destino no artigo que será fusionado (e que despois se convertirá nunha mera [[Wikipedia:Como redireccionar unha páxina|redirección]]). En caso de que haxa que fusionar varios artigos nun só artgo destino, copia todo o contido do artigo destino en cada un dos artigos que serán fusionados. É dicir, '''debes pór exactamente o mesmo en todos os artigos e sen os modelos {{tl|Fusión}} e {{tl|Fusióndesde}}'''.
*A continuación será un [[Wikipedia:Administradores|administrador]] quen deberá fusionar os historiais de edicións das páxinas, dado que o proceso de combinación de historiais inclúe accións como eliminar páxinas e desfacer a súa eliminación, só é posible a súa realización por parte dos administradores. Para que a tarefa se leve a cabo axiña como sexa posible, hai que comunicalo no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios|Taboleiro dos administradores]].