Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
O '''extremo 5 prima''' (5') é o extremo dunha cadea de ARN ou de ADN no que está o 5º carbono do azucre ([[ribosa]] ou [[desoxirribosa]], respectivamente) co fosfato libre. O [[fosfato]] do carbono 5' podería unirse ao grupo 3'-OH doutro nucleótido formando un [[enlace fosfodiéster]]. A eliminación do 5'-fosfato impide o enlace. Para impedir ligazóns de ácidos nucleicos non desexadas (por exemplo, a autoligazón dun [[plásmido]] usado como vector na [[clonación do ADN]]), os investigadores xealmente eliminan o grupo 5'-fosfato cunha [[fosfatase]].
 
O extremo 5' dun [[ARNm]] nacente é o sitio onde se coloca a "gorra" ou[[carapucha "5'|carapucha]]" (''capping'') despois da transcrición, un proceso que é vital para a maduración do ARNm. Esta modificación incrementa a estabilidade do ARN durante o seu traslado ao citoplasma. Consiste na unión dun nucleótido metilado, a [[metilguanosina]] no extremo 5' do ARN por medio dun enlace pouco habitual 5'-5'-trifosfato.
 
Na rexión que flanquea a un xene no extremo 5' hai secuencias que non se transcriben a ARN. Esa rexión situada en dirección 5' contén o [[promotor (xenética)|promotor]] do xene, e pode tamén conter amplificadores (''enhancers'') ou sitios de unión de proteínas.
 
A rexión [[5' UTR]] (''Untranslated Region'', Rexión Non Traducida) é a rexión inicial dun xene no seu extremo 5' que se [[transcrición xenética|transcribe]] a ARNm, pero que non se [[tradución (proteínas)|traduce]] a proteínas no ribosoma. A ela únese a gorra ou [[carapucha 5']] durante a maduración do ARNm. Acaba no [[codón de inicio]] da síntese proteica AUG. Aínda que non se traduza, esta rexión ten secuencias, como o [[sitio de unión ao ribosoma]] e a [[secuencia Kozak]], que determinan a eficiencia da tradución do ARNm, ou afectan á estabilidade do ARNm.
 
== Extremo 3' ==