Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
==A Academia De Florencia De Marsilio Ficino==
Marsilio Ficino levou a cabo a idea de fundar unha [[Academia Platónica]] en [[Florencia]], moitos anos despois de que o platónico bizantino Gesmistos Pletón llo propuxera a [[Cosme de Médici]]. A Academia e o seu director estiveron ligados ao movemento humanista, cuxa sínteses de valores incorporaba o profundo coñecemento do mundo antigo e da cultura clásica, un espírito universal e tolerante, cosmopolita e profundamente comprometido coa defensa da dignidade do home.
A Academia reuniu a un grupo de homes moi brillantes da Europa moderna: [[Pico dell Mirandola]], [[Poliziano]], [[Lorenzo de Medici]], [[Alberti]], [[Landino]]...A súa influencia estendeuse aos grandes artistas do [[Renacemento]], como [[Boticelli]], [[Miguel Angel]], [[Rafael]], [[Tiziano]], [[Durero]] e moitos máis e, en definitiva a toda a vida intelectual de Florencia.
O humanismo difundiuse por toda Europa, a países como [[Alemaña]], [[Países Baixos]] e [[España]]. En [[Francia]] o fíxoo da man de Jacques Lefèvre d’Etaples; en Inglaterra destacan autores como [[John Colet]] ,un dos representantes do Humanismo neste país, quen, xunto con Tomás Moro, seguiron o platonismo de Ficino e Pico.
A Academia Florentina constitúe unha nova fase na larga e complexa historia da tradición platónica. As súas fontes incluían non só ós escritos de Platón e dos neoplatónicos, senón tamén obras atribuidas a Hermes Trimegisto e Zoroastro, Orfeo e Pitágoras, a quenes Ficino consideraba testemuñas venerables dunha filosofía e teoloxía paganas antiquísimas. Para Ficino, a obra de Platón e os seus seguidores tiña a clave máis importante para o coñecemento do home e dos principios inmortais que o animan.
 
 
==Pensamento==