Petra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 65 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q5788
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Escavacións recentes demostraron as habilidades dos [[nabateo]]s no control da [[auga]] que permitiron a construción da cidade no [[deserto]], creando na práctica un [[oasis]] artificial. A zona sofre inundacións ocasionais e os restos arqueolóxicos evidencian que os nabateos controlaban estas inundacións mediante o uso de [[Encoro|presa]]s, cisternas e condutos de auga. Deste xeito, almacenaban a auga que despois podía ser utilizada nos longos períodos de [[seca]] permitindo que a cidade prosperara.
 
Aínda que nas súas orixes se podía acceder a Petra chegando polo sur (viavía Wadi Araba), ou posiblemente desde as elevadas [[meseta]]s no norte, a maior parte dos visitantes modernos achéganse ao lugar dende o leste. A impresionante entrada leste leva a un acceso en baixada que atravesa unha estreita e escura corga entre paredes de pedra, de só 3-4 metros de ancho nalgúns lugares. Ao final da gorxa atópase a ruinaruína máis elaborada de Petra, a Tesourería, escavada directamente na pedra.
 
=== Período romano ===
No 106, cando [[Cornelius Palma]] era gobernador de [[Siria]], a parte de [[Arabia]] baixo o mando de Petra foi incluída dentro do [[Imperio Romano]], e a dinastía nativa terminou. Porén, a cidade continuou coas súas actividades comerciais. Un século máis tarde, cando a cidade chegou ao seu máximo esplendor, o avance chegou ao seu fin, e non se construíron máis edificios; isto debeuse aparentemente a algunha catástrofe repentina como a invasión do novo poder [[Persia|persa]] baixo o poder da dinastía [[sasánida]].
 
Ao mesmo tempo [[Palmira]] en [[Siria]] creceu en importancia como viavía de comercio alternativa a Petra.
 
== Petra hoxe ==