Giorgio de Chirico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 38 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q156622
Liña 4:
== Biografía ==
 
Seu pai, enxeñeiro de ferrocarrís, era un afeccionado á arte que lle fixo descubrir a [[Grecia antiga]]. Á idade de 12 anos, De Chirico inscribiuse no Instituto politécnico de [[Atenas]], no que seguiu cursos de debuxo e pintura. Despois da morte da súa irmá logo do falecemento do pai, en 1905, marchou coa súa mainai e o seu irmán Andrea (coñecido máis tarde co pseudónimo de [[Alberto Savinio]]) para Italia, para ir posteriormente para [[Múnic]]. Asiste entón aos cursos da Academia de Belas Artes, ao tempo que descobre os escritos de [[Friedrich Nietzsche]] e [[Arthur Schopenhauer]] e os cadros de [[Arnold Böcklin]].
De volta a Italia, en 1910, comeza a pintar unha serie de cadros nos que a miúdo no seu título figura a palabra enigma, como Enigma dunha tarde de outono (1910), “O enigma do oráculo” (1910), “O enigma da hora” (1912). Até 1917, Chirico non cesará de plasmar cadros de aparente simplicidade, pero con forte carga premonitoria, xogando con cromatismos sen matices e con perspectivas con frecuencia aberrantes: horizontes baixos e distantes, elementos arquitectónicos monumentais flanqueados no primeiro plano de obxectos chocantes (luvas, manequíns de xastre, pegadas de peixes ou conchas, ...), desertización humana dos espazos a pesar de colocar cabezas esculpidas, bustos ou estatuas completas: En palabras de [[René Passeron]] “De Chirico crea un universo no que os obxectos se poñen a facer de signos”.