Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q146701
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''cristalino''' é un compoñente do [[ollo]] con forma de lente [[biconvexo|biconvexa]] que se atopa situado tralo [[Iris (anatomía)|iris]] e diante do [[humor vítreo]]. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso chamado [[acomodación ocular|acomodación]]. O cristalino caracterízase pola súa alta concentración en [[proteína]]s, que lle confiren un índice de refracción máis elevado que os fluídos que o rodean. Este feito é o que lle outorga a súa capacidade para [[refracción|refractar]] a [[luz]], axudando á [[córnea]] a formar as imaxes sobre a [[retina]].
 
A medida que medra a idade do suxeito, o cristalino vai perdendo progresivamente a súa capacidade para acomodar. Este fenómeno coñécese como [[presbicia]] ou vista cansa e as súas causas descoñécense. Afecta á totalidade da poboación a partir dos cincuenta anos de idade, esixindo o uso de lentes para enfocar obxectos achegados. A principal doenza que afecta ao cristalino son as [[catarata]]s. Por este nome coñécese a calquera perda da súa [[Transparencia (óptica)|transparencia]] que afecte á visión. As súas causas son diversas e cando se atopan nun estado avanzado requiren dunha operación cirúrxica.
 
== Anatomía ==