Joseph Lister: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q155768
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 18:
En [[1870]] os métodos antisépticos ideados por Lister usáronse amplamente na [[guerra franco-prusiana]] salvando a vida de miles de soldados prusianos. En [[1878]], [[Robert Koch]], o descubridor do [[bacilo]] da [[tuberculose]], demostraría a utilidade de expandir o uso das medidas de hixiene e esterilización na roupa e no instrumental cirúrxico.
 
A contribución de Lister á cirurxía foi ampla e variada. Outro dos maiores avances na historia da cirurxía foi a invención do ''[[catgut]]'', un éxito eclipsado polas outras achegas maiores. Joseph Lister foi o descubridor e o primeiro en utilizar o catgut como fío de [[Sutura (medicina)|sutura]]. Tratábase de filamentos feitos con láminas da membrana da [[serosa]] intestinal do gato. A súa vantaxe era que, ao seren proteicos, eran dixeridos polo organismo e reabsorbidos. A primeira vez que os utilizou foi nunha [[mastectomía]] que realizou en [[Edimbugo]] a unha irmá súa.
 
Grazas ao descubrimento dos [[antiséptico]]s, Lister contribuíu a reducir en gran medida o número de mortes por infeccións contraídas no quirófano despois de que os pacientes foran sometidos a intervencións cirúrxicas.