Frank Sinatra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 73 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q40912
Liña 23:
O seu repertorio baseouse na obra dos máis importantes compositores populares estadounidense, como [[Jimy Van Heuse]], [[Cole Porter]], [[Smmy Cahn]] ou [[George Gershwin]], e o seu estilo sintetizou, xa nas súas orixes, quince anos de influencias mutuas entre a música de inspiración jazzística e a [[música pop]] que empezaba a difundirse a través da radio. Sinatra construíu o seu estilo sobre a base dunha comprensión natural da música popular, tal como a entenderon [[Bing Crosb]], [[Fred Astaire]], [[Benny Goodman]] e [[Louis Armstrong]], explotando a idea de que esta, en todas as suas vertentes, debería ser unha extensión da fala.
 
[[File:Frank Sinatra by Gottlieb c1947- 2.jpg|left|thumb|Frank Sinatra, 1947]]
Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración; o rango da súa voz estaba próximo ao de barítono. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. En Sinatra, calquera tipo de consideración vocal e, incluso, musical, resultan secundarias respecto da que é a súa misión principal: contar unha historia da forma máis expresiva posible.