Tomé de Aquino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 103 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9438
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
===O coñecemento===
Para Tomé de Aquino o entendemento ten como obxecto o [[ente|ser]] de todo o real, pero en canto que o [[home]] é unión substancial entre [[corpo]] e [[alma]], o entendemento humano ten por obxecto o ser das realidades sensibles. O corpo está dotado de órganos do coñecemento, que son os sentidos, de aí que o coñecemento intelectual comece co coñecemento sensible. O entendemento elabora conceptos a partir de datos subministrados pola percepción sensible.
 
A partir disto, o entendemento posúe unha capacidade abstractiva, unha capacidade de universalizar convertendo en [[concepto]]s as representacións sensibles universais. Por iso o entendemento coñece primaria e directamente o universal e os seres na súa individualidade dun xeito indirecto e secundario. Isto resulta do seguinte proceso: