Lingua asiria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Rama lingüísticolingüística do [[lingua acadia|acadio]], falado e escrito na [[Asiria]] antiga, coñecida por un importante corpus de inscricións monumentais e taboíñas cuneiformes. As diferenzas entre o asirio e a rama [[lingua babilonia|babilonia]] do [[lingua acadia|acadio]] son sobre todo sensíbeis na fonética.
 
 
Liña 10:
O paleoasirio é a lingua de documentos que datan dos séculos [[século -XIX|-XIX]] e [[século -XVIII|-XVIII]], esencialmente atopados no emporio comercial asirio de [[Kanesh]], en [[Anatolia]]. Esta lingua é próxima ao paleobabilonio contemporáneo, e conserva así a [[mimación]]. A lectura deste dialecto é a miúdo complicada pola vontade dos escribas de utilizaren un número reducido de signos cuneiformes (seguramente porque a maioría deles non eran escribas). Desde o punto de vista fonético, non se contraen as vogais consecutivas nunha mesma palabra, e hai normas de harmonía vocálica particulares.
 
===== O asirio medio =====
 
Escríbese o asirio medio do [[século -XIV]] ao [[século -XI|-XI]], no reino de [[Asiria]]. Como no caso do [[lingua babilonia|babilonio]], este período ve desaparecer a mimación. O ''wa''- inicial verbal convértese nun simple ''u''-, mentres que -''w''– que se atope no interior dunha palabra vólvese a miúdo en -''b''-. O sufixo -''u'' vinculado ao verbo final dunha oración subordinada vólvese –''ni''. O estativo implica tamén algunhas formas particulares.
 
===== Neoasirio =====
 
O neoasirio é a lingua do [[Imperio asirio]], que domina o [[Oriente Próximo]] de [[-911]] a [[-612]]. Documéntase polo tanto moi abundantemente, malia a que non é a lingua das inscricións reais, que se escriben en babilonio normal. O neoasirio coñece evolucións próximas ás do neobabilonio, en particular, desde o punto de vista fonético o -št - que pasa a ser -lt-, e a nivel gramatical a notación irregular das desinencias casuais.