Diferenzas entre revisións de «Karakorum»

sen resumo de edición
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do [[Himalaia]]. Os esploradores [[Europa|europeos]] chegaron por vez primeira a comezos do [[século XIX]] e foron seguidos polos topógrafos británicos en [[1856]].
 
O ''[[Paso Muztagh]]'' foi cruzado en [[1887]] por unha espedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza forosforon esplorados en [[1892]] polo xeneral [[Sir George K. Cockerill]]. As esploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.
 
O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a [[Terra]] por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade [[xeoloxía|xeolóxica]], pois están situadas na zona na que baten dous continentes, [[Asia]] e o subcontinente [[India|indio]]. Ademais son importantes para o estudo das [[placa tectónica|placas tectónicas]]. Os glaciares da montañas serven como indicadores do [[cambio climático]].
11.330

edicións