Retrovirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
}}
 
Un '''retrovirus''' é un [[virus de ARN]] que se replica nunha célula hóspede facendo unha copia en [[ADN]] do seu [[xenoma]]. Os máis típicos pertencen á familia '''Retroviridae'''. Entre eles está o [[VIH]] causante da [[SIDA]]. O virus usa primeiramente o seu [[encima]] característico, a [[reversotranscritase]] para producir [[ADN]] a partir do seu xenoma de [[ARN]], o que é o inverso do procedemento normal ([[transcrición xenética|transcrición]]: ADN→ARN). Este novo ADN de orixe viral é despois [[integración retroviral|incorporado]] ao xenoma da célula [[hóspede]] pola acción dun encima [[integrase]]. A célula despois trata ao ADN proviral incorporado como parte do seu propio xenoma, e segue as súas instrucións fielmente, fabricando as proteínas víricas codificadas nos xenes virais necesarias para a ensamblaxe e formación de novas copias do virus. Os retrovirus son [[virus con envoltura]] membranosa, que toman da célula infectada. Hai algúns virus con reversotranscrición que son virus de ADN e que non pertencen á familia Retroviridae ou relacionadas (ver grupo VII en "Clasificación" máis abaixo).
 
Unha variedade especial dos retrovirus son os [[retrovirus endóxeno]]s (ERV) que están integrados no xenoma do hóspede e se herdan dunha xeración a outra.
 
Hai algúns virus con reversotranscrición que son virus de ADN e non pertencen á familia Retroviridae ou relacionadas (ver grupo VII en "Clasificación" máis abaixo).
 
O virus almacena o seu material xenético en forma de [[ARNm]] (que ten os extremos modificados 5'cap e 3'poliA) dentro do virión, e este serve como medio para liberar o xenoma vírico dentro da célula, e iniciar a [[infección]]. Unha vez que está na célula hóspede, o ARN sofre a [[reversotranscrición]] no [[citoplasma]] e despois integra o seu ADN no xenoma celular. Cando está integrado recibe o nome de [[provirus]].