Mabegondo, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ imaxe
Xas (conversa | contribucións)
Patrimonio
Liña 11:
}}
'''San Tirso de Mabegondo''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello [[provincia da Coruña|coruñés]] de [[Abegondo]] da [[comarca da Coruña]]. Segundo o [[IGE]] en [[2011]] tiña 992 habitantes (485 homes e 507 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 892 habitantes.
 
==Patrimonio==
* '''Pazo dos Quiroga''' ou '''Torres de San Tirso de Mabegondo'''. De estilo renacentista, a fachada principal está flanqueada por dúas torres cúbicas simétricas (de tres alturas) construídas por Diego de Quiroga Reimóndez (Cabaleiro da [[Orde de Santiago]] e capitán de infantería), con escudo de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza. Un dos descendentes deste solar foi don [[Antonio Quiroga]], militar e político que se destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de [[Fernando VII]] e que chegaría a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Posúe unha interesante portada con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio.
* '''Pazo de Pastoriza'''. Aínda que ten unha capela que data do [[século XVIII]], a súa construción parece ser que foi iniciada moito antes. As súas fermosas e vetustas palmeiras danlle un singular aire de distinción. Os propietarios iniciais foron os Pardo de Andrade. É de planta rectangular coa capela contigua comunicada por un pasadizo pétreo.
 
==Galería de imaxes==