Diferenzas entre revisións de «Tertuliano»

máis arranxos
(arranxos, traballo escolar)
(máis arranxos)
[[Ficheiro:Tertullian.jpg|miniatura|250px|Tertuliano.]]
'''Quintus Septimius Florens Tertullianus''', coñecido como '''Tertuliano''', nado en [[Cartago]] (actual [[Túnez]]) cara [[160]] e finado na mesma cidade cara [[220]], foi un apoloxista cristián considerado o máximo representante da literatura cristiá anterior a [[Agostiño de Hipona]].
 
==Traxectoria==
Os poucos datos acerca da súa vida proveñen dalgunhas referencias na súa obra e de autores posteriores, polo que están sometidos aínda a debate. Ao parecer, o seu pai era centurión, e Tertuliano recibiu unha esmerada educación en [[dereito]], [[filosofía]] e [[retórica]]. Educouse en Cartago, animado centro cultural. A súa intelixencia, aberta á verdade e á beleza exquisitamente [[dialéctica]], facilitáballe tanto ao exercicio da retórica unha espléndida [[erudición]] como o emprego dos recursos xurídicos máis refinados. A fusión de ambos elementos habería de permitirlle poñer un selo singular na [[literatura apoloxética]], que xa anteriormente tiña acadado un notable desenvolvemento na [[lingua grega]].
 
Nas súas obras atópanse algunhas testemuñas acerca das súas desviacións xuvenís: Tertuliano confesa ter sido pecador, asiduo de espectáculos inmorais e adúltero. Viviu un tempo en [[Roma]], onde probablemente exerceu como avogado, e se interesou polo [[cristianismo]], aínda que a súa conversión tivo lugar ao seu regreso a Cartago, ao redor do 190. A partir deste momento, despregou unha notable actividade polémica contra os [[pagán]]s e os [[herexe]]s e en defensa do cristianismo a través de numerosos escritos. Certas alusións do autor permiten crer nunha posible e intensa influencia nel da heroica serenidade dos cristiáns no martirio, unida ao que Tertuliano denomina o seu poder de [[exorcismo]]: os mártires son a simple verdade posta ante os ollos, a cal non se pode resistir. Contraeu matrimonio, e pediu á súa muller, nun texto dirixido a ela, que non celebrara segundas nupcias; isto supón xa un dos trazos da súa ideoloxía rigorosa. Tertuliano converteuse nunha figura destacada na [[Igrexa]] do [[norte de África]], aínda que é dubidoso que chegara a ser ordenado sacerdote. Nos seus escritos elaborou unha prosa latina orixinal e desenvolveu o vocabulario que máis tarde utilizaría no pensamento cristián.
 
Cara ao 213 afastouse da Igrexa e aproximouse, atraído pola súa intransixencia e o seu rigor moral, á herexía dos apocalípticos de [[Montano]] (montanismo), que propugnaba un retorno á verdadeira fe. O seu austero ascetismo e a súa rixidez levoulle, incluso dentro da seita frixia, a establecer unha facción que sería chamada a dos tertulianistas, que perdurou como una igrexa independente ata o [[século V]]. Non cabe pensar que Tertuliano volvería á Igrexa, opinión insinuada por algúns. Segundo [[Xerónimo]], faleceu moi vello (en torno ao ano 240), e foi "exemplo famoso, na Antigüidade cristiá, da dolorosa caída á cal se atopan expostas algunhas intelixencias ilustres".
A biografía de Tertuliano é moito menos coñecida que o desenvolvemento do seu pensamento, exposto por unhas trinta obras doutrinais, apoloxéticas, ascéticas e morais. Nas súas obras atópanse algunhas testemuñas acerca das súas desviacións xuvenís: Tertuliano confesa ter sido pecador, frecuentador de espectáculos inmorais e adúltero. Non nos di, ou polo menos no tan claramente, como se pasou ao cristianismo: isto debeu de ocorrer en torno ao ano 190, quizais durante o curso dunha estancia en [[Roma]] ou tralo seu regreso a [[Cartago]]. Certas alusións do autor permiten crer nunha posible e intensa influencia nel da heroica serenidade dos cristiáns no martirio, unida ao que Tertuliano denomina o seu poder de [[exorcismo]]: os mártires son a simple verdade posta ante os ollos, a cal non se pode resistir. Contraeu matrimonio, e pediu á súa muller, nun texto dirixido a ela, que non celebrara segundas nupcias; isto supón xa un dos trazos da súa ideoloxía rigorosa. Se supón que foi tamén sacerdote; abundan os argumentos sólidos en favor de esta hipótese, aínda que non son concluíntes.
 
Cara ao 213 afastouse da Igrexa e aproximouse, atraído pola súa intransixencia e o seu rigor moral, á herexía dos apocalípticos de [[Montano]] (montanismo), que propugnaba un retorno á verdadeira fe. O seu austero ascetismo e a súa rixidez levoulle, incluso dentro da seita frixia, a establecer unha facción que sería chamada a dos tertulianistas, que perdurou como una igrexa independente ata o século V. Non cabe pensar que Tertuliano volvería á Igrexa, opinión insinuada por algúns. Segundo [[Xerónimo]], faleceu moi vello (en torno ao ano 240), e foi "exemplo famoso, na Antigüidade cristiá, da dolorosa caída á cal se atopan expostas algunhas intelixencias ilustres".
 
==Pensamento==
O seu pensamento está exposto nunhas trinta obras doutrinais, apoloxéticas, ascéticas e morais. Nos seus escritos elaborou unha prosa latina orixinal e desenvolveu o vocabulario que máis tarde utilizaría no pensamento cristián. Tertuliano recoñeceu e apreciou os valores da [[cultura grecorromana]] como a maioría dos cristiáns cultos da súa época, e discriminou entre os que considerou aceptables e aqueles que debían rexeitarse. Empregou o fervor da súa alma e a lucidez da súa intelixencia nunha serie de obras nas que mostra brillantemente as súas dotes de polemista, doutor e moralista baixo un aspecto formal de tipo académico rico nos medios expresivos, que ás veces raian na pesadez, pero que sempre son utilizados con vigor e orixinalidade.
 
A súa mensaxe caracterízase polo seu rigorismo moral e a súa énfase na superioridade da revelación e da fe sobre a razón, manifestada na afirmación de que, así como os profetas son os patriarcas dos cristiáns, os filósofos o son dos [[herexe]]s; os seus escritos sentaron así mesmo a importante tese de que as [[Sagradas Escrituras]] só podían ser interpretadas por membros cualificados pola igrexa.
94.742

edicións