Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
*[[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[Comuñón Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
[[File:Archbishop William Temple.jpg|thumb|[[Arcebispo de Canterbury|Arcebispo]] [[William Temple (arcebispo)|William Temple]].]]
*[[Bispo sufragáneo]]: Un bispo sufragáneo é un bispo subordinado a un Metropolitano. Na [[Igrexa CatólicaRomana]] este termo é empregado para todos os bispos non metropolitanos (é dicir, todos aqueles de dioceses dunha provincia dun metropolitano, e aos [[bispo auxiliar|bispos auxiliares]]). Na [[Comuñón Anglicana]] o termo emprégase para un bispo que axuda a tempo completo a un bispo diocesano: o [[bispo de Warwick]], por exemplo, é sufragáneo do de [[Bispo de Coventry|Coventry]], aínda que os dous viven en [[Coventry]]. Algúns deles reciben responsabilidade dun área dentro da diocese (por exemplo, o bispo de Stepney atende dita área dentro da [[diocese de Londres]].
*[[Bispo titular]]: é un bispo sen diocese. É cabeza dunha [[sede titular]], normalmente unha antiga cidade que tiña bispo, pero que por unha razón ou outra xa non ten. A miúdo, os bispos titulares exercen de bispos auxiliares. No [[Patriarcado Ecuménico de Constantinopla]] os bispos de dioceses modernas reciben a miúdo unha sede titular xunto coa diocese moderna (por exemplo, o arcebispo de [[Thyateira]] e [[Gran Bretaña]]).
*[[Bispo auxiliar]]: é un bispo que asiste e axuda a un bispo diocesano (equivalente ortodoxo e católico do bispo sufragáneo anglicano). Un bispo auxiliar é un bispo titular, e é nomeado [[vigario xeral]] ou [[vigario episcopal]] da diocese na que serve.<ref>{{cita web | url=http://www.vatican.va/archive/ENG1104/__P1F.HTM | title=Canon 406 | work=Código de Dereito Canónico | year=1983 | accessdate=2009-06-15}}</ref>
 
===Bispos na Igrexa Católica===