Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 81 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q29182
Liña 22:
*[[Arcebispo maior]]: Os arcebispos maiores ocúpanse de dirixir algunhas [[igrexas católicas orientais]]. Teñen a mesma autoridade sobre a súa igrexa que un patriarc, pero reciben menos honores ceremoniais.
*[[Bispo metropolitano]]: É un arcebispo a cargo dunha [[provincia eclesiástica]], ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha [[igrexa autocéfala]] cando o seu número de fieis é reducido. Na [[Igrexa Católica de rito latino]], os metropolitanos son sempre arcebispos.
*[[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[ComuñonComuñón Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
[[File:Archbishop William Temple.jpg|thumb|[[Arcebispo de Canterbury|Arcebispo]] [[William Temple (arcebispo)|William Temple]].]]
 
===Bispos na Igrexa Católica===
Un bispo é un membro da xerarquía [[igrexa católica romana|eclesiástica]], un sacerdote que recibiu o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Orde sacerdotal]] no seu máximo grao, que é o '''episcopado''', e que dirixe a igrexa dun territorio denominado [[bispado]], á súa vez dividido en [[arciprestado]]s e [[Parroquia eclesiástica|parroquia]]s. Tradicionalmente é o encargado de realizar o sacramento da [[confirmación]].