Mesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
AMPC98 (conversa | contribucións)
Liña 14:
A mesa típica e primitiva atópase por primeira vez na época das antigas dinastías de [[Exipto]], ao menos dende a ''dinastía XVIII'', uns quince séculos antes de Cristo. Teñen forma rectangular, con patas verticais nos seus catro ángulos.
 
As mesas ''"de tixeiratesoira"'' con pés cruzados e articulados estivo así mesmo en uso entre os exipcios e pobos antigos, sendo moi frecuente nunhas e outras o remate dos pés na súa parte inferior a maneira de ''"[[garra]] de [[tigre]]"'' ou ''"pezuño de [[ruminante]]"''.
 
A mesa de tres pés e a redonda dun só pé foron coñecidas polos exipcios e outros pobos orientais. Non obstante, foron os gregos e romanos os que as utilizaron en maior medida.
Liña 24:
Nas mesas dun só pé, este representa ás veces a figura dun [[escravo]] e noutras remata en tres pequenos pés pola súa parte inferior. Estas mesas servían principalmente nos ''triclinios'' ou [[comedor]]es. Entre os gregos e romanos tamén foron utilizadas as de dous pés, constituídas por un taboleiro rematado nos extremos en dúas figuras de animais. Os exipcios, e máis aínda os gregos, fabricaban as mesas con pés encorvados, uso que moitos séculos máis tarde seguiu o estilo [[barroco]] e, sobre todo, o [[rococó]] de [[Luis XV]].
 
Nas antigas civilizacións non se destinaba a mesa a [[escritorio]], pois os [[escriba]]s exercían o seu oficio no chan, sobre os seus xeonllos. Pero dende os primerosprimeiros séculos da [[Idade Media]], úsanse mesas tamén para este fin aínda que sempre revisten formas moi sinxelas.
 
No [[Renacemento]] preséntanse mesas luxosas, decoradas con incrustacións e cos pés torneados ou esculpidos. A mediados do século XVII aparece na Corte de [[Francia]] un luxoso ''bufete'' (o ''"bureau"'') ou mesa de escritorio con cuberta ás veces cilíndrica e outras parecidas ás dun piano que se abre facilmente. A finales do século XIX comézase a utilizar a ''mesa ministro'', que en lugar de pés ten filas de caixóns a un e outro lado.