Retrovirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 39:
* [[ARN]]: consiste nun dímero de ARN. Ten extremos modificados 5'cap e 3'poliA. O xenoma de ARN presenta rexións non codificantes terminais, que son importantes para a replicación, e rexións internas que codifican as proteínas do virión.
 
:O [[extremo 5']] inclúe catro rexións, que son: R, U5, PBS, e L. A '''rexión R''' é unha secuencia curta repetida situada en cada extremo do xenoma usada durante a reversotranscrición para asegurar o salto correcto dun extremo a outro da cadea en crecemento. A '''rexión U5''' é unha secuencia curta única situada entre as rexións R e PBS. A '''rexión PBS''' (''primer binding site'', sitio de unión do cebador) consta de 18 bases complementarias co extremo 3' do ''primer'' de ARNt (un [[ARNt]] celular que actúa como ''primer'' e se hibrida coa rexión PBS). A '''rexión L''' é unha rexión líder non traducida que é o sinal para o empaquetamento do xenoma do ARN. A secuencia de nucleótidos no extremo 5' do xenoma do virus do sarcoma das aves foi secuenciado por J. Shine e A. P. Czernilofsky en 1977 <ref>J. Shine e Czernilofsky et al. Proc. Natl. Acad. Sci. USA, Vol 75, pp 1473–1477, 1977</ref>.
 
:O [[extremo 3']] comprende tres rexións, que son: rexión PPT (''polypurine tract''), U3, e R. A '''rexión PPT''' é o ''primer'' para a síntese da cadea + de ADN durante a [[reversotranscrición]]. A '''rexión U3''' é unha secuencia situada entre as rexións PPT e R, que leva o sinal que o provirus pode usar para a [[transcrición xenética]]. A '''rexión R''' é a secuencia repetida terminal do extremo 3'. A secuencia de nucleótidos do dominio non traducido pero conservado do extremo 3' do xenoma do virus do sarcoma das aves foi publicado por A.P. Czernilofsky en 1980 <ref>A.P. Czernilofsky et al. Nucleic Acuds Research, Vol. 8, pp 2967–2984, 1980</ref>.
 
* [[Proteínas]]: constan das proteínas gag, [[protease]] (PR), e as proteínas pol e env. As proteínas '''gag''' son os principais compoñentes da [[cápsida]] viral, a cal está formada por 2000-4000 copias desta proteína por virión. A '''protease''' exprésase de xeito diferente nos distintos retrovirus. Funciona facendo clivaxes [[proteólise|proteolíticas]] durante a maduración do virión para producir as proteínas maduras gag e pol. As proteínas '''pol''' son responsables da síntese do ADN viral e integración no ADN da célula hóspede despois do inicio da infección. Finalmente, as proteínas '''env''' xogan un papel na unión e entrada do virión na célula hóspede, xa que están situadas na envoltura.<ref name = se>{{Cite book| author = John M. Coffin | authorlink = | editor = Jay A. Levy | others = | title = The Retroviridae| edition = 1st | language = | publisher = Plenum Press| location = New York | year = 1992 | origyear = | chapter = Structure and Classification of Retroviruses | pages = 26–34 | quote = | isbn =0-306-44074-1 | oclc = | doi = | url = | accessdate = }}</ref>