Focas, emperador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q31556
Servando2 (conversa | contribucións)
estruturo
Liña 1:
[[Ficheiro:Phocas.jpg|miniatura|dereita|Retrato de Focas nunha moeda contemporánea]]
'''Caesar Flavius Phocas Augustus''', [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] entre [[602]] e [[610]], é quizais unha das figuras máis sinistras que leven o título imperial en toda a historia de [[Imperio Bizantino|Bizancio]]. Arrebatou o trono ao emperador [[Mauricio, Emperador|Mauricio]], e foi á súa vez destronado por [[Heraclio]].
==Traxectoria==
 
Non se sabe case nada da súa vida anterior á súa subida ao poder. Era posibelmente de orixe [[tracios|tracia]]. Cara ao ano 600, servía como oficial do exército nos Balcáns e parece ser que era considerado un líder polos seus compañeiros de armas, xa que foi elixido membro dunha delegación enviada polo exército ese mesmo ano a Constantinopla para expoñer as súas queixas acerca do comandante Comentiolus. As reclamacións da delegación foron rexeitadas, e, segundo varias fontes, o propio Focas foi tratado con desconsideración por destacados oficiais da corte.