Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 113:
A partir de mediados do [[século V]], os emperadores de Oriente tiveron que enfrontarse con problemas cada vez máis graves no campo da política eclesiástica. Os radicais de calquera das tendencias sentíanse rexeitados polo credo que adoptara o [[Concilio de Calcedonia]] coa intención de mediar entre as distintas posturas dogmáticas. A carta do papa [[León I, Papa|León I o Magno]] a [[Flaviano de Constantinopla]] foi considerada no Leste como obra de Satán, de modo que ninguén quería oír falar da igrexa de Roma. Os emperadores, con todo, enfrontábanse a un dobre problema: por unha banda tiñan que manter unha política de preservación da unidade entre Oriente e Occidente, entre Constantinopla e Roma, e isto só era posíbel se non se desviaban da liña definida en Calcedonia. Por outra banda, as faccións que en Oriente se viron máis afectadas e apartadas a raíz do Concilio de Calcedonia, debían ser moderadas e tranquilizadas. Este problema sería na práctica máis complexo xa que os grupos disidentes orientais superaban aos partidarios de Calcedonia en Oriente, tanto en forza numérica como en habilidade intelectual, de modo que o curso dos feitos demostraría a incompatibilidade de ambos obxectivos: quen optase por Roma e Occidente debía renunciar a Oriente, e viceversa.
 
Xustiniano estreouse no campo da alta política eclesiástica pouco despois do ascenso ao trono do seu tío en [[518]], poñendo fin ao [[cisma]] [[Monofisismo|monofisita]] que dominara as relacións entre Roma e Bizancio desde [[483]]. O recoñecemento da sé romana como máxima autoridade eclesiástica (<ref>cf. ''Novellae'', cxxxi.)</ref> foi a clave da súa política occidental, o que resultou ofensivo para moitos en Oriente; con todo, non dubidou en actuar de forma despótica nas súas relacións cos papas, en concreto con [[Silverio, Papa|Silverio]] e [[Vixilio, Papa|Vixilio]]. A súa política ante Roma, aínda que ás veces incoherente, non deixaba de ser unha política de grandes miras, e aínda que nunca puido chegarse a un acordo, polo rexeitamento da á máis dogmática da igrexa, grazas aos seus sinceros esforzos de reconciliación gañouse a aprobación da maior parte da igrexa. Unha mostra de tal actitude témola na controversia [[Teopasquismo|teopasquita]]: ao principio Xustiniano cría que se trataba dunha cuestión puramente lingüística, pero aos poucos deuse conta de que a fórmula en discusión non só debía ser ortodoxa, senón que tamén podía ser útil como medida conciliatoria ante os monofisitas, e intentou en balde este acordo na conferencia relixiosa cos seguidores de [[Severo de Antioquía]] en [[533]].
 
De novo, Xustiniano aprobou o decreto co edicto relixioso de [[15 de marzo]] de [[533]] (''Cod.'', L, i. 6), e congratulouse de que o papa [[Xoán II, Papa|Xoán II]] admitise a ortodoxia da confesión imperial (''Cod.'', I., i. 8). Deste xeito remediou en parte o grave erro que cometera tempo atrás, despois do ascenso de Xustino, cando induciu unha persecución dos bispos e monxes monofisitas, e se desamigou así das poboacións de moitas rexións e provincias. O seu obxectivo constante era agora facerse cos monofisitas, sen ter que abxurar do credo de Calcedonia. Para moitos membros da corte non chegou o suficientemente lonxe neste sentido: en concreto Teodora alegrouse de ver aos monofisitas máis favorecidos. Xustiniano, con todo, reprimiuse neste tipo de medidas por mor das complicacións que se desataron con Occidente.
 
De novo, Xustiniano aprobou o decreto co edicto relixioso de [[15 de marzo]] de [[533]] (<ref>''Cod.'', L, i. 6)</ref>, e congratulouse de que o papa [[Xoán II, Papa|Xoán II]] admitise a ortodoxia da confesión imperial (<ref>''Cod.'', I., i. 8)</ref>. Deste xeito remediou en parte o grave erro que cometera tempo atrás, despois do ascenso de Xustino, cando induciu unha persecución dos bispos e monxes monofisitas, e se desamigou así das poboacións de moitas rexións e provincias. O seu obxectivo constante era agora facerse cos monofisitas, sen ter que abxurar do credo de Calcedonia. Para moitos membros da corte non chegou o suficientemente lonxe neste sentido: en concreto Teodora alegrouse de ver aos monofisitas máis favorecidos. Xustiniano, con todo, reprimiuse neste tipo de medidas por mor das complicacións que se desataron con Occidente.
==Notas==
{{listaref}}
 
''Este artigo contén textos da '''Schaff-Herzog Encyclopedia of Religion'''.''