Odoacro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 45 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q103333
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Engado texto traducido da wiki en español.
Liña 1:
[[Ficheiro:Solidus-Odoacer-ZenoRIC 3657cf.jpg|thumb|300px|[[Sólido bizantino]] de Odoacro en nome do lexítimo emperador [[Zenón, Emperador|Zenón]]. Esta moeda documenta a sumisión formal de Odoacro a Zenón.]]
'''Odoacro''' ([[435]] – [[493]]) foi o xefe da tribo xermana dos [[hérulos]]. Coñecido por ser quen depuxo ao derradeiro emperador romano de Occidente, [[Rómulo Augústulo]], en [[476]]. Odoacro utilizou o título de ''rex Italiae''.
 
'''Odoacro''', nado preto do ano [[433]] e finado en [[493]], tamén coñecido como '''Odovacar''', posiblemente derivado do xermánico ''Audawakrs'' ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos [[hérulos]], de orixe [[huno]] e [[esciros|esciro]]. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro [[emperador romano]] de Occidente, [[Rómulo Augústulo]], en [[476]], quen foi deportado ó ''[[Castel dell'Ovo|Castellum Lucullanum]]'' na baía de [[Nápoles]].
{{Personalidades en progreso}}
 
Despóis de derrocar a Rómulo Augústulo, a Odoacro presentóuselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como [[Ricimero]], optóu pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador [[Zenón, Emperador|Zenón]] en [[Constantinopla]], xunto cunha carta na que pedía ser confirmado ''dux'' de [[Italia]]. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de [[patricio]].
 
Ate a súa morte en [[480]], o emperador lexítimo de Occidente [[Xulio Nepote]] seguíu sendo teóricamente o superior de Odoacro, mentres que este chegou mesmo a emitir moeda no seu nome. Malia iso, Odoacro tamén se chamou a si mesmo ''rex Italiae'' (Rei de Italia'') e como tal foi recoñecido durante o resto da súa vida.
 
Con todo, as relacións entre Odoacro e a [[Imperio bizantino|Roma oriental]] empeoraron máis adiante, e en [[489]], co apoio do emperador Zenón, os [[ostrogodos]] baixo [[Teodorico o Grande]] invadiron o reino de Odoacro, destruiron o seu exército de [[bárbaro]]s ''[[foederati]]'' (e as poucas tropas romanas que aínda existían), forzando a que se rendise en [[493]]. Teodorico convidou a Odoacro a un banquete en [[Ravenna]], e créese que alí o asasinou coa súa propia espada, facéndose con todo o seu reino.
 
== Bibliografía ==
* Thompson, E. A. ''Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire''. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0 299 08700.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externos ===
{{commonscat|Odoacer}}
* [http://www.nndb.com/people/033/000102724/ Biografía de Odoacro] {{en}}
 
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Reino de Italia (Regnum Italiae)|Reino de Italia]]|
DINASTIA=|
ANTES=[[Romulo Augustulo]] como [[Emperadores romanos|emperador de Roma]]|
DESPOIS=[[Teodorico o Grande]]|
DATA_ENTRADA=[[476]]|
DATA_SAIDA=[[493]]|
}}
 
[[Categoría:Historia de Italia]]