Xosé Manuel García: Diferenzas entre revisións

político galego
Contido eliminado Contido engadido
Manolo García, alcalde de Carnota (BNG)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2007 ás 21:38

Manolo García naceu en Lira. Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, actualmente é o médico titular da Casa do Mar de Muros, atopándose nestes momentos en excedencia. Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se despraza a traballar a Muros, comeza a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG, que o levou a encabezar a candidatura local no ano 1995, pasando a ser lider da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do PP, e a maduración das vías do nacionalismo para acadar a alcaldía.

É elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as Eleccións Municipais de 1999, ano no que o BNG alcanza a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría no ano 2003.

Entre os seus moitos logros como alcalde, destaca a súa intelixente xestión económica do concello, que conseguiu que o Concello de Carnota pasara dunha situación económica crítica na última época do PP á situación actual saneada e cunha grande capacidade de investimento única no seu entorno, como se pode ver na nova adicada aos orzamentos municipais do 2006.

Por outra parte, a súa imaxinativa e preocupación polo desenvolvemento sustentábel fíxoo artífice dalgunhas iniciativas pioneiras en Galiza, salientando a creación da empresa mixta Carnotavento.

Máis información: BNG de Carnota