Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 6 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1516549
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 32:
==Desenvolvemento baixo o dominio español==
[[Ficheiro:Napoli Maschio Angioino.jpg|miniatura|esquerda|200px|Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.]]
En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da [[Coroa de Aragón]]. O [[humanismo]] renacentista vai teres un foco na corte de [[Afonso V de Aragón|Afonso I]] quen refai Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso <ref> ''Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal'' [http://farm4.static.flickr.com/3245/2902147627_7e2c44a503.jpg]</ref>. Un novo recinto de murallas exténdese ata o castelo abarcando xa a área do ''Largo delle Corregge'' <ref> ''Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito'' [http://i50.tinypic.com/a0e16d.jpg]</ref>. A poboación comeza a medrares por unha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara ao final do século.
 
Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do [[Imperio Español]], Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e poboacional que a levaron a se converter nunha das maiores de [[Europa]] (300.000 habitantes, só tras [[París]] e [[Londres]]). Tamén no cultural continuou a súa ascendencia con nomes como os de [[Caravaggio]] e [[José de Ribera|Ribera]] o "''Spagnoletto''", [[Giordano Bruno]], T.Campanella ou [[Giambattista Vico]] asociados á Nápoles deste tempo.