Chinchilla de Montearagón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 34:
[[Ficheiro:Castillo Chinchilla.JPG|thumb|250px|left|Castelo de Chinchilla de Monte-Aragón.]]No [[século XIV]] formou parte do [[marquesado de Villena]]. [[Xoán II de Castela|Xoán II]] (pai de [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] e [[Isabel I de Castela|Isabel a Católica]]) incorporouna á [[Coroa de Castela]]. Durante este reinado o infante Henrique de Aragón, maestre da Orde de Santiago, intenta apoderarse do Señorío de Villena, apenas o consegue durante un ano, xa que Chinchilla opón unha dura resistencia e por esta fidelidade á monarquía castelá a vila recibe en 1422 o título de Cidade, sendo a capital da Mancha de Aragón. Esta é entregada como dote por Xoán II á súa irmá dona Catalina, esposa do Infante Don Henrique.
 
Dos conflitos entre a Coroa e os Infantes de Aragón, aliados co Rei de [[Reino de Navarra|Navarra]], xorde un novo poder: o de Diego López de Pacheco, que chegará a ser favorito de Henrique IV e marqués de Villena. El recompón a unidade territorial do Marquesado baixo o seu dominio, e no [[século XV]] os seus habitantes quedaron divididos ideoloxicamente: uns mostráronse partidarios da raíña Isabel e outros a favor de [[Xoana a Beltranexa]] e de don Diego López de Pacheco, marqués de Villena. O seu poder dura ata a guerra entre os partidarios de ambos. Derrotados os segundos, Chinchilla incorporouse a [[Coroa de Castela|Castela]] o 1 de marzo de 1480.
 
Por mor destes feitos os [[Reis Católicos]] xuran os Privilexios desta Cidade sobre a Cruz de cristal de roca que se conserva no Museo da Igrexa Arciprestal de Santa María do Salvador o 6 de agosto de 1488, outorgándolle os títulos de Nobre e Moi Leal, que hoxe en día aínda perduran (podémolo ler no seu escudo).