Colina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 127:
A colina está presente no leite materno de forma libre, en forma de [[fosfatidilcolina]], [[glicerofosfatidilcolina]], [[glicerofosfocolina]] ou [[esfingomielina]]. A concentración de colina no leite materno está relacionada coa concentración desta no sangue da nai.<ref>Holmes-McNarry MQ, Cheng WL, Mar MH, Fussell S, Zeisel SH. Choline and choline esters in human and rat milk in infant formulas. Am J Clin Nutr 1996; 64:572-6.</ref><ref name="Y.O. Ilcol 2005">Y.O. Ilcol et al. Choline status in newborns, infants, children, breast-feeding women, breast-fed infants, and human breast milk. Journal of Nutritional Biochemsitry 16 (2005) 489-499</ref> Como era de esperar, viuse que a colina consumida a través do leite materno aumenta os niveis de colina no sangue do lactante. A colina materna chega do sangue ao leite a través dun transporte específico.<ref>Chao CK, Pomfret EA, Zeisel SH. Uptake of choline by rat mammary gland epithelial cells. Biochem J 1988; 254:33-8</ref>
 
O [[leite humano]] é moi rico en colina. Polo contrario, outros produtos como os derivados da [[soia]], teñen concentracións de colina moi inferiores ás do leite materno, e conteñen tamén menos esfingomielina e glicerofosfocolina, pero máis fosfatidilcolina. <ref>Zeisel SH. Choline: critical Role during Fetal Development and Dietary Requirements in Adults. Annu. Rev. Nutr. 2006.26:229-50</ref><ref>Banapurmath CR et al. Developing brain and breastfeeding. Indian Pediatrics 1996; 33:235-38.</ref><ref>Tram TH et al. Sialic acid content of infant saliva: comparison of breast fed with formula fed infants. Archives f Disease in Childhood 1997; 77:315-318</ref>
O leite de vaca ten unhas concentracións de glicerofosfocolina parecidas ou algo superiores ás do leite materno, pero as concentracións de fosfatidilcolina e esfingomielina son similares, e a de colina libre é superior.