Analoxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 6:
Dáse un caso de analoxía nas linguas nalgún dos seus niveis estruturais cando dous elementos ([[fonema]], [[sílaba]], [[palabra]] ou [[texto]]) teñen unha certa semellanza dentro da mesma [[secuencia]]. Por exemplo, cando alguén di ''aericulares'' no canto de ''auriculares'' para referirse ós [[aparello]]s que serven para escoitar [[música]] e que se meten nas [[orella]]s, está deformando a palabra orixinaria por analoxía debido á súa semellanza a nivel [[fonética|fonético]], [[etimoloxía|etimolóxico]] e [[derivación|derivativo]] (os dous teñen os [[sufixo]]s ''-cula'' + ''-arium'', con [[significado]]s [[diminutivo]] e [[colectivo]] respectivamente).
 
Do mesmo xeito, cando alguén di ''sinceiro'' ou ''zoa'' en galego está facendo unha [[ultracorrección]] por analoxía con tódalas verbas que rematan en ''-eiro'' ou tódalas caídas [[patrimonial|patrimoniais]] de ''n'' intervocálico. A este exemplo concreto de analoxía incorrecta chámaselle [[hiperenxebrismo]], pero este proceso pode chegar a [[gramaticalización|gramaticalizarse]] e entrar a formar parte da [[lingua]].
 
A analoxía máis característica dáse no nivel fonético, pero pode aparecer tamén no semántico (usar ''entrar o coche'' por ''meter o coche no garaxe''). É un erro que se debe evitar na [[tradución]] (sobre todo na [[interpretación]]), indapero quetamén áspode vecesaparecer podenos [[gramaticalización|gramaticalizarsetrastornos da linguaxe]] ou nos [[espoonerismo]]s na fala habitual.
 
{{en progreso}}