Especie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 102 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q7432
JaviP96 (conversa | contribucións)
m Redirixida cara a "Especie"
Liña 1:
#REDIRECCIÓN [[Especie]]
En [[Bioloxía]] denomínase '''especie''' (do [[latín]] ''Species'') a cada un dos grupos en que se dividen os [[xénero (bioloxía)|xéneros]].
 
== Características ==
Componse de individuos que, ademais dos caracteres xenéricos, teñen en común outros caracteres polos cales se asemellan entre si e poden ser distinguidos de individuos pertencentes ás demais especies. De acordo con [[John Ray]], que introduciu o concepto, sería o conxunto de individuos que se poden reproducir entre si, producindo descendencia fértil, o que daría un criterio claro e limitante do concepto. Desde o punto de vista estritamente [[sistemática|sistemático]] ou da [[taxonomía]], é a xerarquía comprendida entre o [[Xénero (bioloxía)|xénero]] (ou o subxénero, se existise) e a [[variedade]] (ou, no seu caso, a subespecie).
Especie é a limitación do xenérico nun ámbito morfoloxicamente concreto.
 
== Determinación dos límites ==
A determinación dos límites dunha especie é puramente subxectiva e, polo tanto, exposta ás modalidades da interpretación persoal. Algúns conceptos usuais son moi antigos, moi anteriores ao establecemento científico desta categoría sistemática. Pola contra, existen outros de límites moi vagos, nos cales os sistemáticos están en completo desacordo. Se as especies fosen inmutables, poderíase definir facilmente cada unha delas dicindo que é o conxunto de individuos (que foron, que son e que, de non [[extinción|extinguírense]], serán) de caracteres cualitativamente idénticos. Unha entidade así determinada non é realmente unha especie, senon o que usualmente se chama unha [[liña pura]] ou un [[clon]].
 
A tradición [[Aristóteles|aristotélica]] establecía que os xéneros se dividen en especies pero que a especie, á súa vez, pode converterse en [[Xénero (bioloxía)|xénero]] con respecto ás subdivisións secundarias.
 
== Outras definicións de Especie ==
Existen multitude de definicións de especie:
 
:'''[[Carl von Linné|Linneo]]:''' «''Contamos tantas especies cantas formas distintas foron creadas no principio''» (Linneo, ''Phylosophya botanica'', traducida por Palau, páxina 83).
 
:'''[[Georges Cuvier|Cuvier]]:''' «''Especie é o conxunto dos individuos descendentes un de outro ou de pais comúns e dos que se lles parecen tanto coma aqueles entre si''»
 
:'''[[Alphonse de Candolle|de Candolle]]:''' «''Especie é a colección de todos os individuos que se parecen máis entre si que a outros; que por fecundación recíproca poden dar individuos fértiles, e que se reproducen por xeración, de tal xeito que, por analoxía, se lles pode supoñer a todos procedentes orixinariamente dun só individuo''».
 
:'''[[Félix le Dantec|Le Dantec]]:''' «''Especie é o conxunto de todos os individuos cualitativamente idénticos que non presentan entre si, nos seus elementos vivos, máis que diferencias cuantitativas''».
 
:'''[[Laumonier]]:''' «''Todos os individuos fecundos entre si e que teñen descendentes tamén indefinidamente fecundos''»
 
{{Clasificación biolóxica}}
 
[[Categoría:Bioloxía]]