Diferenzas entre revisións de «Almuñécar»

m
m (Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q193780)
En tempos de [[al-Ándalus]], o viaxeiro [[al-Idrisi]] fai mención das ruínas de construcións anteriores. Coa chegada de [[Abderramán I]] no [[755]], Almuñécar pasou a pertencer, segundo a división administrativa dos musulmáns, á [[cora (división territorial)|cora]] de [[Elvira]].
 
Nese momento Almuñécar era un punto forte na costa: posuía un ''hins'' ou [[Castelo (fortificación)|castelo]], aínda que ata o século XI non se pode falar dela como cidade ou ''medina''. Producía [[caña de azucre]], [[banana|plátano]]s, [[pasa]]s, [[cereal|cereais]], todo tipo de froitos e case tódolos xeógrafos sinalan a boa pesca que se obtiña nas súas augas. A cidade dispuña de [[Porto (comunicacións)|porto]], arrabaldes ou barrios extramuros, [[mercado]]s e unha [[mesquita]] maior.
 
Durante o período no que o territorio de al-Ándalus estivo dividido en diversas [[taifa]]s, Almuñécar dependeu da de Granada, consolidándose como a principal cidade costeira do seu reino.
19.692

edicións