Pobos do Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 11:
* Os '''[[Shardana]]''', cuxo nome pode relacionarse co de [[Sardeña]] (Sardinia, Sardegna) e algúns autores len no texto fenicio dunha estela de [[Nora]] a locución be-shardan. Na cultura sarda dos [[nuraga]] [[megalitismo|megalíticos]], as figuriñas broncíneas que representan a guerreiros aseméllanse notabelmente aos gravados de [[Medinet Habu]] e a outros restos chipriotas.
*Os '''[[Lukka]]''', que aparecen en textos amarnenses. Vivían das súas potentes flotas, custeando [[Chipre]] e o sur de Anatolia e realizando accións de pirataría. Parece que os hititas os consideraron como un verdadeiro Estado litoral.
*Os '''[[Ekwesh]]''' ou '''Akawasha''' poderían ser os [[ahhiyawa]] dos hititas e é verosímil que se trate dos aqueos micénicos, gregos, acaso xa establecidos no occidente anatolio (a [[Mileto]] grega podería ser a [[Millawanda]]/[[Millawata]] dos textos hititas) e, que é a teoría máis aceptada.
*Os '''[[Teresh]]''' ou '''Tursha''', algún autor pon en relación o seu nome co hebreo Tarshish e co hispánico [[Tartessos]].
*Os '''[[Shekelesh]]''' relacionáronse con Sicilia e os [[sículos]]. Este pobo chegaría á illa tras seren rexeitados en Exipto por [[Ramsés III]] nunha das maiores batallas navais da historia.