Discurso do método: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q731224
Sen resumo de edición
Liña 12:
===Terceira parte===
Establecera Descartes a [[dúbida]] metódica para poder chegar á [[verdade]] na segunda parte, pero nesta terceira explica que, mentres duda de todo, ten que crear unha [[moral]] provisional que controle a súa vida.
 
Concluíndo a súa moral provisional, decide adicar toda a vida á [[razón]] e avanzar no coñecemento mediante o uso do método. Para iso, decide viaxar e falar cos homes, e faino durante nove anos, mais, pese a avanzar no coñecemento da verdade, non consegue encontrar os fundamentos dunha filosofía <<máis certa que a vulgar>>. Decide viaxar a [[Holanda]] para realizar esta nova filosofía e faino durante a [[Guerra dos Trinta Anos]], tempo suficiente para adicarse a esta tarea.
===Cuarta parte===
Este é o capítulo central deste ''Discurso do método'' , no que crea un principio para a nova filosofía: <<Penso, polo tanto, existo>>, establecendo a partir del a existencia de [[Deus]].
 
A existencia de Deus demóstranos, ao mesmo tempo, a existencia do mundo, xa que Deus é infinitamente bo e non pode deixar que nos enganemos ao pensar que o mundo existe e é así como Deus nos garante a existencia das nosas ideas.
 
Pero Descartes, pese a ter en conta o dito, afirma que <<é o noso deber e non o de Deus, librarnos das ilusións e evitar os erros>>.
[[Ficheiro:Descartes3.jpg|miniatura|[[René Descartes]], autor da obra, no seu escritorio]]
===Quinta parte===
Aquí explica brevemento o contido do mundo. Explica a formación do mundo entorno á [[luz]]: o [[sol]] prodúcea, os ceos transmítena, a [[terra]] e os demais [[planetas]] refléxana e o [[home]] actúa como espectador.
 
A continuación, establece as principais funcións do [[ser vivo]]. Sostén que o [[corazón]] se dilata e se contrae grazas á calor que expulsa e tamén a que os <<espíritos animais>> son transportados aos distintos órganos.
 
Por último, diferencia o home do resto dos animais xa que non teñen pensamento ou [[alma]] racional. Explícase que os animais sí teñen alma, pero é inferior dado que os animais non fan uso da razón e que a alma do home é independente do corpo e inmortal.
===Sexta parte===
Neste último capítulo, René establece unha serie de reflexións sobre o alcance da investigación científica, pensando, ademais, na publicación das súas sopesando as razóns favorables e en contra. Así, o progreso científico reporta moitos beneficios materiales e morales e necesita a comunicación das experiencias doutras persoas.
 
Pola contra, Descartes non se convence da publicación da súa investigación, xa que estase pode mesturar co espírito relixioso dos teólogos da época, dando lugar a algunha que outra controversia e malgastando dese modo o seu tempo.
 
Todas estas razóns lévano a publicar só o ''Discurso do método'' e outros pequenos ensaios. No remate da obra, afirma que se consagrará na [[medicina]], afirmando de novo que el non quere ser importante no mundo para poder adicarse ao estudo sen obstáculos nin distraccións.
 
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [http://gl.wikipedia.org/wiki/Cogito_ergo_sum Cogito ergo sum]
* [[Cogito ergo sum]]
* [http://gl.wikipedia.org/wiki/Racionalismo Racionalismo]
* [[Racionalismo]]
===Ligazóns externas===
* [http://www.scribd.com/full/24652360?access_key=key-zkv6qwnljnbcht3z76f ''Discurso del método'', Colección Austral] (traducción de [[Manuel García Morente]]) "en castelán"
 
[[Categoría:Obras filosóficas]]
 
{{Seniw}}