Diferenzas entre revisións de «Escola Oficial de Idiomas»

Engadindo referencias
m (Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3322548)
(Engadindo referencias)
{{wikificar}}
[[Ficheiro:Escola Oficial de Idiomas, Vigo.jpg|miniatura|295px|Detalle da fachada da Escola Oficial de Idiomas de [[Vigo]].]]
== Escolas Oficiais de Idiomas en España ==
En [[España]], os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:
*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
 
A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar de iso están utilizándose como referencia para a matriculación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).
 
== Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia ==
 
O ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia <ref> Estatuto de Autonomía de Galicia [http://www.xunta.es/estatuto]</ref>. A Escola Oficial de Idiomas que existe en aquel intre en Galicia, a da Coruña, é transferida á comunidade autónoma galega polo Real Decreto 1.763/1982 <ref>Real Decreto 1763/1982, de 24 de julio, sobre traspaso de funciones y servicios de la Administración del Estado a la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de educación. [http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1982-19649]</ref>. Posteriormente o goberno galego crea máis Escolas, ata chegar ás once Escolas Centrais e vintesete Seccións que existen na actualidade.
 
En Galicia hai EOI nos concellos de [[Vigo]], [[Santiago de Compostela]], [[A Coruña]], [[Lugo]], [[Ourense]], [[Pontevedra]], [[Cedeira]], [[Monforte de Lemos]], [[Ribadeo]], [[Viveiro]], [[Vilagarcía]] e [[Ferrol]], os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de [[Ponferrada]] e [[Madrid]].
48

edicións