Ronseltz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición de 83.38.34.172, cambiado á última versión feita por Albert galiza
m Enlaces
Liña 1:
Grupo poético formado na [[Coruña]] entre [[1984]] e [[1985]] por [[Xoán Carlos Rodríguez]], [[Manuel Cortés]], [[Miguel A. Montes]], [[Serxio Iglesias]] e [[Xabier Cordal]]. Disolveuse a principios da década dos noventa. Pouco despois publicaría ''Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados'' (Eds. Positivas).
 
Nos inicios participaron tamén o artista plástico [[XAMS]], [[Roberto Salgueiro]] e [[Giúrgio Valinhas]]. '''Ronseltz''' deuse a coñecer mediante recitais en varios puntos dentro e fóra de [[Galicia]] e publicou tres revistas co mesmo nome entre 1985 e 1987. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk. Coa palabra como referente case único, Ronseltz utilizaba ocasionalmente, non sen ironía, referencias á vangarda e medios propios da ''performance''.
 
Algunhas revistas (''O Mono da Tinta'', ''Luzes de Galiza'', ''[[A Trabe de Ouro]]''...) incluíron textos de ''Ronseltz'', pero a publicación de ''Unicornio de cenorias...'' supuxo, co grupo xa desaparecido, a difusión nacional do seu papel na revitalización da poesía dos 80, ancorada maioritariamente en fórmulas rituais e contido neodecadentista. Así foi recoñecido por poetas de xeracións posteriores.
 
Todos os membros do grupo continuaron en solitario actividades literarias, artísticas e musicais.