Ribonuclease: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 74:
Algunhas células tamén [[secreción|segregan]] grandes cantidades de ARNases non específicas como a A e a T1. As ARNases son, por tanto, extremadamente comúns, o que fai que os ARN da célula teñan unha vida media moi curta se non están nun ambiente protexido. Cómpre salientar que todos os ARNs celulares están protexidos da actividade ARNase por medio de varias estratexias como a presenza do [[cap 5'|''cap'']] (tapón, gorra) no [[extremo 5']], e a [[poliadenilación]] no [[extremo 3']], e o pregamento con proteínas formando complexos [[ribonucleoproteína|ribonucleoproteicos]] (RNP).
 
Outro mecanismo de protección é o '''[[inhibidor da ribonuclease]] (RI)''', que pode ser moi abundante na célula e comprendeconstitúe unha fracción relativamente grande das proteínas celulares (~0,1%) en certos tipos celulares. O RI únese a certas ribonucleases coa máxima afinidade atopada nunha [[interacción proteína-proteína]] (a [[constante de disociación]] do complexo RI-ARNase A é de ~20 fM en condicións fisiolóxicas). O RI utilízase na maioría dos laboratorios que estudan o ARN para protexer as súas mostras da degradación por parte de ARNases presentes no ambiente.
 
De xeito similar ao que fan os [[encima de restrición|encimas de restrición]], que clivan secuencias moi específicas de [[ADN]] bicatenario, algunhas [[endorribonuclease]]s recentemente clasificadas recoñecen e clivan secuencias específicas de ARNs monocatenarios.