Ribonuclease: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 72:
Todos os organismos estudados conteñen moitas ARNases de moi diversas clases, o que indica que a degradación do ARN é un proceso moi antigo e importante. Ademais de eliminaren o ARN celular que xa non se necesita, as ARNases xogan un papel fundamental na maduración de todos as moléculas de ARN, tanto dos [[ARN mensaxeiro]]s que levan información xenética para fabricar proteínas, coma dos [[ARN non codificante|ARNs non codificantes]] que actúan en varios procesos celulares. Ademais, os sistemas de degradación de ARN activos son a primeira defensa contra os ARN víricos, e proporcionan a maquinaria subxacente para estratexias inmunes celulares máis avanzadas como a [[interferencia de ARN]] (RNAi).
 
Algunhas células tamén [[secreción|segregan]] grandes cantidades de ARNases non específicas como a A e a T1. As ARNases son, por tanto, extremadamente comúns, o que fai que os ARN da célula teñan unha vida media moi curta se non están nun ambiente protexido. Cómpre salientar que todos os ARNs celulares están protexidos da actividade ARNase por medio de varias estratexias como a presenza do [[cap 5'|''cap'']] (topóntapón, gorrogorra) no [[extremo 5']], e a [[poliadenilación]] no [[extremo 3']], e o pregamento con proteínas formando complexos [[ribonucleoproteína|ribonucleoproteicos]] (RNP).
 
Outro mecanismo de protección é o '''[[inhibidor da ribonuclease]] (RI)''', que comprende unha´ fracción relativamente grande das proteínas celulares (~0,1%) en certos tipos celulares, e que se une a certas ribonucleases coa máxima afinidade atopada nunha [[interacción proteína-proteína]]; a [[constante de disociación]] do complexo RI-ARNase A é de ~20 fM en condicións fisiolóxicas. O RI utilízase na maioría dos laboratorios que estudan o ARN para protexer as súas mostras da degradación por parte de de ARNases presentes no ambiente.
 
De xeito similar ao que fan os [[encima de restrición|encimas de restrición]], que clivan secuencias moi específicas de [[ADN]] bicatenario, algunhas [[endorribonuclease]]s recentemente clasificadas recoñecen e clivan secuencias específicas de ARNs monocatenarios.