Ribonuclease: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 70:
 
==Función==
Todos os organismos estudados conteñen moitas ARNases de moi diversas clases, o que indica que a degradación do ARN é un proceso moi antigo e importante. Ademais de eliminareliminaren o ARN celular que xa non se necesita, as ARNases xogan un papel fundamental na maduración de todos as moléculas de ARN, tanto dos [[ARN mensaxeiro]]s que levan información xenética para fabricar proteínas, coma dos [[ARN non codificante|ARNs non codificantes]] que actúan en varios procesos celulares. Ademais, os sistemas de degradación de ARN activos son a primeira defensa contra os ARN víricos, e proporcionan a maquinaria subxacente para estratexias inmunes celulares máis avanzadas como a [[interferencia de ARN]] (RNAi).
 
Algunhas células tamén [[secreción|segregan]] grandes cantidades de ARNases non específicas como a A e a T1. As ARNases son, por tanto, extremadamente comúns, o que fai que os ARN da célula teñan unha vida media moi curta se non están nun ambiente protexido. Cómpre salientar que todos os ARNs celulares están protexidos da actividade ARNase por medio de varias estratexias como a presenza do [[cap 5'|''cap'']] (topón, gorro) no [[extremo 5']], e a [[poliadenilación]] no [[extremo 3']], e o pregamento con proteínas formando complexos [[ribonucleoproteína|ribonucleoproteicos]] (RNP).